Temas: CIG PAULO CARRIL

Paulo Carril será o substituto de Suso Seixo á fronte da CIG

Foi a única candidatura presentada. A CIG renovará nun 60% a súa executiva confederal no congreso desta fin de semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2017 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A CIG renovará nun 60% a súa executiva confederal no congreso deste fin de semana, no que Paulo Carril dará a substitución a Suso Seixo á fronte da secretaría xeral, unha vez confirmado que unha única candidatura concorrerá ao conclave.

Suso Seixo (CIG), no centro
Suso Seixo (CIG), no centro | Fonte: Europa Press

Dúas xornadas de debate, a do sábado 27 e a do domingo 28, nas que un total de 706 delegados --540 elixidos directamente polas federacións nas distintas comarcas e os restantes membros do consello confederal e da comisión de garantías-- analizarán o traballo desenvolvido no últimos catro anos e definirán os obxectivos que se fixa a central sindical para o próximo período.

Terminado o prazo de presentación de candidaturas, confírmase, así, que só unha concorrerá á executiva confederal e á secretaría xeral nun congreso que a CIG cualifica de "histórico", posto que "compañeiros que levantaron a central nacionalista dan a substitución a unha nova xeración que será, en diante, a encargada de dirixila".

Así, a central destaca o "enorme sacrificio persoal" do ata agora secretario xeral, Suso Seixo, pero tamén do responsable de comunicación, Francisco Miranda Vigo; o de negociación colectiva, Antolín Alcántara; o de finanzas, Ramiro Oubiña; e a tristemente falecida Elvira Patiño.

"Cun enorme sacrificio persoal, coherencia e un compromiso inquebrantable co noso país e coa clase traballadora galega foron capaces de levantar o sindicalismo nacionalista ata convertelo no que hoxe é a CIG", subliña.

Xunto aos congresistas estarán tamén representantes de delegacións convidadas.

PROGRAMA

O congreso arrinca este sábado ás 9,00 horas no palacio de congresos compostelán. Ás 10,00 horas está previsto o debate e a votación do regulamento das sesións do congreso e a orde do día e unha proxección audiovisual.

Xa ás 11,00 horas presentarase o informe de xestión. Pola tarde debateranse outros documentos e ás 18,30 horas está prevista a presentación de candidaturas.

O domingo, desde as 10,00 horas, continuará o congreso coa votación de cargos e membros de organismos. Clausúraa está prevista para as 11,30 horas.

Temas: CIG PAULO CARRIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Abrairas

E a Kollona de Lugo, non saiu para a Executiva da CIG?

4 funcionario proletario

o verdadeiro movemento operario galego esta na ugt e en ceceoo. Estos da CEIXE /CEIGUE son todos funcionarios en excedencia., o proletariado concienciado milita nos sindicatos españois, esa e a verdade. Non hai mais que ver quen vai as suas manifestacions. O resto son disputas supostamente ideoloxicas entres estudantes de primaria e secundaria e os seus profes. E non vou dicir nada sobre a orientacion sexual de cada quen, pero vamos, eso daria para outro comentario.

3 FRPU

Moito patalexou a Poltrona por non poder ir a Madrid a pasear o palmito co conto da AP-9 http://www.sermosgaliza.gal/articul... Pero hoxe non foi a alá a apoiar a centos de galegas e galegos que se mobilizan coas Marchas da Dignidade. Nin está, nin se lle espera. Cando levas toda a vida cobrando 5.000 €/mes sen dar pancada, pensas que todo dios ten asegurado pan, traballo e teito.

1 A Madrid o IKEA

Pu to pensamento de paleto colonizado. Non sei que ten q ver iso eiquí pero weno. Dignidade a que non demostran os que copian e pegan os traballos doutros para logo non conseguir nada.

2 De paseo a Madrid

Os ingresos dos deputados do BNG e a deuda cada día infládela máis jajajajajajajaj.

3 funcionariado debaixo ponte

claro que ti vives debaixao dunha ponte e pasas moita fame. claro, Educado e "saneado"- Eu non dou creto ao todo isto. mue deus que tropa.

4 TíoTomDaPortela

E esta imbecilidade que non ten nada que ver coa nova? Ben, xa che comentaro aí arriba o que es: un paleto coloÑizado.

5 comunista independentista

E non será que a "deuda" do Bloque a inflan cada día máis os ingresos dos seus deputados, liberados, dirixentes...? jajajajajajajaj.

6 funcionariado debaixo ponte

o comunista este podiase chamar o fillo do taberneiro. ..un pouco bebedo

7 Baffiña

¡Qué vigadas más aburridas! Y que rancio este señor comunista independentista. El venga decir que no es del bloque y seguro que lo es y anda dando pena para rebañar unos votos... ¡Que penita! Y que es, ¿hijo de tabernero? A ver comunista de clase media. En Venezuela te quería ver yo a ti majo. Seguro que nadas en dinero y dando lecciones a los demás. Anda ya tú y tu comunismo, que esto es Europa y no estamos para trapalladas. Comunista de boquiña para fóra que como te expropiaran las propiedades a ver que comunista dabas tú. jajajajajaj. ¡Bloqueiro encubierto!

2 Manolo Araña

De vividor a vividor e tiro por que me toca: Suso Seixo toda a vida de liberado sindical, deixa o seu posto a Paulo Carril, toda a vida de liberado sindical

1 TíoTomDaPortela

E todos pasando de Manolo, que aspiraba ó postiño pero non lle cae ben ás compeñiras e ten que botar a finde a falar mal dos outros...Se cadra é por iso que non che aturan

1 bautista do unto

E de que vai vivir Oubiña e Antolín o dos Cubatas ? Seguirán de liberados sindicais ?

1 Bigotonouszowski

Irán traballar contigo á mina que tes conesión a interné