Pacto no PSOE coruñés de cara ao congreso federal

Diego Taibo, Cancela e Formoso lideran a lista de delegados que se fixo por consenso e recolle a proporción das votacións das primarias na provincia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/05/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Os distintos sectores do PSdeG na Coruña decidiron chegar a un acordo, tal e como xa aconteceu noutras federacións provinciais e autonómicas do PSOE, de cara ao congreso federal desta formación. Así, os socialistas coruñeses decidiron que a súa delegación sexa a fiel representación dos resultados do pasado domingo á Secretaría Xeral.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso

Deste xeito, e a diferencia do que acudiu noutras agrupacións locais, como en Vigo ou en Ourense, na Coruña a representación será igual que a que saíu das urnas o pasado domingo. Deste xeito, na lista aprobada este sábado a lista de 20 delegados haberá 14 afíns ao vencedor das primarias, Pedro Sánchez; catro alíñanse coa presidenta andaluza, Susana Díaz, e dous co exlendakari Patxi López.

O concelleiro de Culleredo Diego Taibo, a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, encabezan esta lista previamente consensuada entre os afíns ao tres liñas. A candidatura quedou aprobada con 108 votos a favor, oito en contra e 17 abstencións. 

Como apuntou a Europa Press o secretario provincial do PSOE da Coruña, Julio Sancristán, a configuración da lista --elaborada en modo 'cremalleira'-- reflicte de forma proporcional o resultado das primarias do pasado domingo, cando Pedro Sánchez recibiu o apoio de case o 70% dos socialistas coruñeses.

Así as cousas, os delegados coruñeses serán os mencionados Taibo, Cancela e González Formoso, seguidos pola concelleira de Camariñas María José Gerpe, o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández; a exconcejala do Ayutamiento da Coruña Gemma Fernández Cuíña e o alcalde de Cariño, Miguel Alonso, no sete primeiros postos.

A presidenta da xestora do PSdeG,  Pilar Cancela
A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela

A coruñesa Eudoxia María Neira Fernández, o senador Anxo Mato --Ferrol--, Encarna Liñeiro --Camariñas--, José Miñones --alcalde de Ames--, Carmen Vila --Carballo--, Jesús Jorge Expósito --Santiago--, Teresa Porrit --Barbanza--, Carlos González-Garcés --A Coruña--, Alejandra Pérez --alcaldesa de Bergondo--, Andrés Teijo --Betanzos--, Montserrat Paz --A Coruña--, Iago de Ron --A Coruña-- e Guadalupe Rodríguez Silva --Santiago-- completan a lista de 20 nomes que representarán aos socialistas coruñeses.

“Todas as agrupacións”

Ademais, no 'congresillo' celebrado este sábado, quedou aprobada por unanimidade unha iniciativa de emenda ao relatorio do estatuto que será remitida ao Congreso Federal. O secretario provincial mostrou a súa satisfacción porque "por primeira vez" a lista de delegados conta con representación "de todas" as agrupacións comarcais.

Sancristán defendeu que o congreso provincial celebrouse con normalidade a pesar de que existiu un "pequeno debate" dadas as dificultades para "representar a unión" do tres liñas abertas no partido, aínda que incidiu en que a lista finalmente aprobada "representa a todo o mundo".

Así mesmo, o secretario provincial afrontou este sábado o seu último congreso á fronte do PSOE da Coruña e aproveitou para realizar un chamamento a enfocar "todas as enerxías" que se empregaron nos últimos meses "a enfrontarse" entre os membros do partido a "achegar ideas" para fortalecer o socialismo tanto a nivel galego como estatal.

"A militancia está cansa, o que quere é que empecemos a traballar", remarcou Sancristán, para logo incidir en que o PSOE debe recoller "o ánimo" existente no partido de "dar participación ás bases".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Boss

Este presidente da Deputación xoga a ser o novo Abel na Coruña? Xa o queren coma ó outro en Pontevedra. Chámanlle o Vetín, por iso de vetar a todo o que non lle faga a ola. O pior é quen llo consinte.

3 Cocina entre 4

De 14 pedristas, mentira: 11. De 2 patxistas, mentira: 5, incluídos Valentín, Bernardo y Mato. De todas las comarcas representadas, mentira: compruébenlo. ¿Y la Ejecutiva Provincial de hoy?

2 Gamela

Democracia Representativa ? Partitocracia ? e onde quedan os votantes ? na casa ? http://www.bez.es/758364695/Democra...

1 Cervantes

Non o podo crer. E non están Mar Barcón e Beatriz Sestayo ?