Por isolina | Vigo | 30/05/2017
A nena dixo que necesitaba comer e a resposta foi que comera un zapato ou a flor que levaba na camiseta. A nena dixo que se atopaba mal: “pregúntale a tu madre”. A nai estaba como dúas persoas diante de min: non dixo nada, non fixo nada. A nena, desolada, foise para a caixa do extremo oposto e sentou no chan.
O home, que estaba detrás de min, dirixiuse onde estaba ela. A nena tentou axudar a un bebé dun ano aproximadamente, que estaba no chan. O maltratador arrebatoullo bruscamente e, berrando, comezou a proferir ameazas: “ “hoy no vas a comer”; “vas ter que comer os zapatos e a flor da camiseta”. A nai pagou e marcharon os catro. Nunca vou esquecer a expresión de horror, abandono e desamparo daquela nena. Por outro lado, eu estaba horrorizada coa indiferencia das máis de vinte persoas que o presenciaron: clientes e traballadores.
Eu fixen algún comentario reprobatorio pero, sentíame estupefacta pola reacción da xente: eran como bonecos…..alleos a todo, ollando para outro lado. Cheguei a pensar se sería real o que estaba presenciando. Pensei achegarme á nena e axudala pero, ao ser menor e estar coa nai, non me sería permitido… ..finalmente, presentei unha denuncia na comisaría de policía. A policía considerou que se trataba dun caso de maltrato infantil verbal e psicolóxico. Dixeron que as gravacions do móvil serven de proba. Despois, pensei que podía ter chamado á policía no momento dos feitos……
O 20 de maio do 2017, todos os que estábamos alí fomos maltratadores dunha nena de tres anos
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.