O Sergas entrega as primeiras 25 tarxetas de acompañamento e accesibilidade para persoas con síndrome de Down

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregou este luns as primeiras 25 tarxetas AA --Acompañamento e Accesibilidade-- para persoas con síndrome de Down a representantes da Federación Down Galicia, polo que se amplía así o número de pacientes que poden ser atendidos nos centros sanitarios no marco do protocolo especial que supoñen estes documentos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2017 | Actualizada ás 17:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregou este luns as primeiras 25 tarxetas AA --Acompañamento e Accesibilidade-- para persoas con síndrome de Down a representantes da Federación Down Galicia, polo que se amplía así o número de pacientes que poden ser atendidos nos centros sanitarios no marco do protocolo especial que supoñen estes documentos.

O conselleiro de Sanidade coa Federación Down Galicia.
O conselleiro de Sanidade coa Federación Down Galicia. | Fonte: Europa Press

Así o explicou nun comunicado a Consellería de Sanidade, que concreta que desde 2011 ata a actualidade recibiron esta tarxeta uns 4.000 pacientes.

Está dispoñible para persoas con trastornos xeneralizados do espectro autista, Alzheimer, parálise cerebral e, desde marzo, estendeuse a doentes con discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta ou problemas de comunicación, marco no que se inclúen os pacientes con síndrome de Down.

A tarxeta AA ten como obxectivo, segundo lembra a Xunta, favorecer a accesibilidade a determinados servizos sanitarios dos doentes diagnosticados daquelas patoloxías que o Sergas considera indicadas, así como o acompañamento dos seus familiares ou coidadores.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta