Arpa eléctrica galega contra a Avespa Asiática

O Grupo Operativo de Innovación Asociación Galega de Apicultura (Aga) explica neste vídeo como construír nós mesmos unha trampa eléctrica para acabar coas vespas vetulinas que cazan na porta das colmeas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/06/2017 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Segundo o seu creador, o custe de fabricala non supera os 10 euros; mentres algúns modelos similares que hai en establecementos especializados dispáranse até os 600 euros.

Arpa eléctrica contra a vespa vetulina
Arpa eléctrica contra a vespa vetulina | Fonte: AGA

En Campo Galego, o xornal electrónico especializado no sector primario do país,  explican polo miúdo as avantaxas deste trebello, que pode ser alimentado coa batería dun matamoscas eléctrico convencional. 

A AGA traballa na redacción dun manual para que os seus socios poidan montar as arpas eles mesmos. Trátase de limitar o impacto dun depredador que ameaza a viabilidade de moitas granxas apícolas do país. No sector existe o convencenmento que, malia as trampas e erradicación de niños, a avespa asiática non poderá ser erradicada do país, polo que haberá que convivir con ela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta