A Igrexa tenta facerse coa mascota oficial do Xacobeo

“Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio”, fundación creada no Convento de San Martín Pinario en 2009 lanza Xubi, un intento de ocupar o mercado do defunto Pelegrín.

Por Xurxo Salgado | | 07/06/2010 | Actualizada ás 21:57

Comparte esta noticia

None

Un dos aspectos máis sorprendentes da promoción do Xacobeo 2010 é a ausencia dunha mascota. Malia gran cantidade de cartos destinados pola Xunta a publicitar o evento, o Goberno nin creou mascota nin rescatou ao famoso Pelegrín, como si fixo co anterior logotipo.

Hoxe a Igrexa Católica aproveitase deste baleiro e presenta a Xubi. Trátase dunha iniciativa da “Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio”, fundación baseada no convento de San Martín Pinario e creada en xuño do ano pasado. A Igrexa presenta a Xubi como mascota “oficial” do evento, mais polo de agora semella non ter o apoio oficial da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia.

Xubi é un deseño do estudo de Alberte Permy, Permuy Asociados, responsábeis tamén do logo do Ano Santo. O deseñador explicou que se traba dunha mestura entre unha cabaza e un bastón para camiñar.

A mascota xa dispón da súa propia páxina web, só en castelán. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Eu-digo

O da web en castelán é totalmente lóxico, xa que estes critianos adoran a un dios que é tonto, pois descoñece o galego.

4 Eu-digo

Á mascota faltalle o organo reproductor.- Por marcar á iglesia, poríalle unha "crus e unha raia".

3 Alberte

Non vos recorda a gota do Fairy...¿?

2 Mks

Mira que é feo con ganas... de onde sacaron o macaco este?... e o que é máis importante canto piden á Xunta por este macaco? Semella unha pera transxénica. Hai que lle dicir a Permuy que non vaguee tanto e que traballe un pouquiño máis o deseño que con isto espantamos ao peregrinos... ou era esa a intención?

1 Miguel

La mascota me parece un acierto de la Iglesia. A mi inspira esperitualidad y austeridad, claves para no degenerar en este mundo convulso y mentiroso.

1 xuba

A invento da mascota pareceme unha gilipollez das gordas co ano santo xa enriba ¿a onde queren ir?. Se fora creada o ano pasado ou a primeiros deste aínda vale, pero coas previsións que hai de catro gatos que van vir, non tiraría con máis cartos. A crise é mundial, non só aquí e os de fóra non van vir a gastar os cartos porque lles fai falta na súa casa. Miguel, ¿onde viches ti a espiritualidad nunha pera colorida?

2 Cris

O Xacobeo 2010 vai ser unha tumba de cartos e senón ao tempo. Como di xuba, está todo o mundo en crise e non hai ganiñas de gastar en ir a Santiago por ser ano santo. Cando as cousas van ben os turistas veñen igual, sea ano santo ou non. ¿Porque non van votando contas do invertido e o recuperado?. Case era mellor que lles deran a metade dos cartos fundidos polo Xacobeo aos hostaleiros para millorar o servizo, que suponse que serían eles os máis beneficiados directos pola 'ola de visitas' e aforrar o resto. Pero tranquilos a final de ano, cando votemos contas, a culpa será de Zapatero que non apoiou 'suficientemente' ao Xacobeo e por iso non viu ninguén. Por ceto, a outro que habería que por unha medalla por espabilado é ao alcalde de Santiago por encher coma tódolos anos santos Santiago de obras ata a bandeira.

3 anda que

boa idea a estas alturas???? que deixaran o pelegrin que xa todos os asociabamos o Xacobeo e aforrabase no diseño aplicando a austeridade da que tanto queren presumir e asi en xaneiro xa o teriamos e non no mes de xuño, a pouco más a mascota presentanna o 25 de decembro cando o turrón volve a casa por navidad.

4 Marque la X

Si señor, tiene razón el tal Miguel, ya está bien de seguir el camino del maligno (y de ZP), que mejor ejemplo de austeridad franciscana que un monigote hecho en dos minutos. Ay, si no fuera por Feijoo y la líder de la Sección Femenina (de la Xunta), la señora Farjas (ese templo de espiritualidad con coche oficial), el mundo sería oscuro, sin concordato, tenebroso, rojo.