Xestoras, Congresos e Candidat@s

Por Manuel Baltar | | 22/06/2010

Comparte esta noticia

Principiamos con tempo dabondo a preparación das vindeiras eleccións municipais. Nas derradeiras tres semanas demos boa proba do ritmo que queremos darlle a esta longa precampaña.

Celebramos congreso local en San Cibrao das Viñas e temos convocados os de Xinzo de Limia, O Carballiño e O Barco de Valdeorras, que terán lugar os días 1, 2 e 3 de xullo de 2010.

Puxemos en marcha xestoras en Amoeiro, San Xoán de Río, Castro Caldelas, concellos onde somos oposición e que precisan un traballo específico ao longo dos vindeiros meses.

Tampouco descoidamos a atención aos candidatos de maio de 2011, como xa sabedes no caso de Rosendo Fernández en Ourense e Juan Manuel Andrade en Os Blancos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA