O novo xerente do Auditorio de Galicia aposta por "maior relación cos públicos" e por mellorar a accesibilidade

O novo xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, arrinca a súa nova etapa á fronte da institución compostelá co obxectivo de ter unha "maior relación cos públicos" e de mellorar a accesibilidade da cidadanía ás súas actividades.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 14:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O novo xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, arrinca a súa nova etapa á fronte da institución compostelá co obxectivo de ter unha "maior relación cos públicos" e de mellorar a accesibilidade da cidadanía ás súas actividades.

Presentación do novo xerente do Auditorio de Galicia
Presentación do novo xerente do Auditorio de Galicia | Fonte: Europa Press

Así o dixo durante un encontro cos medios de comunicación para dar a coñecer unhas pinceladas dos seus obxectivos á fronte do Auditorio, un acto no que estivo acompañado do alcalde, Martiño Noriega.

Ante os medios, Xaquín López dixo que o seu labor se integrará nun equipo que "xa funcionaba correctamente" e ao que está a someter a súa proposta de "reorganización" para "fixar as liñas estratéxicas" dos próximos anos.

Aínda que non quixo desvelar iniciativas concretas, o novo responsable do Auditorio compostelán apostou por afondar na estratexia de "relación cos públicos" e traballar tendo "presentes" as "necesidades culturais dos cidadáns" para "garantir o acceso á cultura".

Do mesmo xeito, Xaquín López dixo que o Auditorio de Galicia debe "xogar un papel central no ámbito da cultura" como "catalizador das relacións entre axentes culturais" da cidade, tanto de ámbito público como no privado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta