As bandeiras dos concellos gobernados polo BNG ondean a media hasta en sinal de dó con Portugal

As bandeiras dos concellos gobernados polo Bloque Nacionalista Galego ondean a media hasta en sinal de respecto e solidariedade con Portugal, que vive momentos de dor e conmoción social polos incendios forestais que causaron 64 vítimas mortais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2017 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

As bandeiras dos concellos gobernados polo Bloque Nacionalista Galego ondean a media hasta en sinal de respecto e solidariedade con Portugal, que vive momentos de dor e conmoción social polos incendios forestais que causaron 64 vítimas mortais.

Nun comunicado, a formación nacionalista explicou que o municipio de Verín foi o primeiro en seguir esta proposta aprobada na reunión do luns da Executiva nacional do BNG, unha iniciativa que xa secundaron tamén os concellos de Rianxo, Cuntis (neste caso cun crespón negro) e Tomiño.

A alcaldesa desta localidade limítrofe con Portugal, Sandra González, destacou a solidariedade de todos os veciños de Tomiño co país veciño, co que manteñen estreitos lazos de colaboración mesmo compartindo servizos con concellos do outro lado do Miño.

A formación nacionalista tamén participará nas concentracións convocadas en diferentes cidades galegas para expresar o seu apoio ás familias das vítimas e ao conxunto da localidade lusa, mobilizacións que pretenden ser tamén "unha chamada de atención" e unha petición "contundente" ao Goberno galego para que cambie o actual modelo de ordenación do monte.

"As similitudes con Portugal evidencian ata que punto a política forestal da Xunta vai na dirección equivocada", sinala a formación nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta