Cuiña, Baltar e Rajoy con Fraga en Vilalba

Cuiña, Baltar, Rajoy, Núñez Feijoó... e moita máis xente do clan da boina e do birrete compartiron o domingo mesa e mantel co presidente galego en Vilalba, na tradicional comida cos medios nos que celebrou o seu 82 cumpreanos (a pesares de que a data oficial é o martes).

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/11/2004 | Actualizada ás 09:46

Comparte esta noticia

Tamén estiveron Chavez, Castro e outros políticos españois e internacionais. Uns convidados que tomaron forma a traveso do espectáculo Risoterapia do dúo artístico integrado por Paco

Lodeiro e Carlos Jiménez. Un espectáculo que fixo rir a Fraga pero co que non estivo moi dacordo. "A min non me consultaron para facer isto", encargouse de lembrarlle aos xornalistas.

Ademáis dos típicos dosieres de prensa con todas as noticias e as fotos nas que aparece ao longo do último ano, tamén lle regalaron os compañeiros dos medios unha máquina de escribir do século XIX. Un obsequio que decidiu deixar en Vilalba, a cargo do alcalde, para que vaia aos fondos dunha futura fundación e museo adicado a súa persoa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta