Temas: MúSICA

Pardiñas presenta a súa XXXVIII edición

O Festival de Pardiñas presentouse aos medios na cervexería de Estrella Galicia da Coruña. Programará entre o 4 e o 6 de agosto un completo cartel con música en directo, concursos de debuxo, mostra de artesanía e instrumentos tradicionais e cantos de taberna.

Por GC Tendencias | A Coruña | 27/06/2017 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

Alfonso Blanco,  “alma mater” e un dos membros máis antigos da Asociación Xermolos, foi o encargado de presentar o festival ante os medios. Estivo acompañado de Davide Salvado, un dos artistas que participará na edición deste ano e Víctor Mantiñán, Product Manager de SON Estrella Galicia e 1906, que de novo aposta por un festival único, con selo 100% galego pero vocación internacional.

Presentación festival de Pardiñas. Foto: E-me Comunicación
Presentación festival de Pardiñas. Foto: E-me Comunicación

O festival “non só é música”, como explicou Alfonso Blanco, da Asociación Xermolos. Aínda que a “música é o prato principal” ao longo dunha fin de semana en Guitiriz danse cita grupos tradicionais, artesáns e unha importante e exposición de instrumentos tradicionais. Ao longo dos anos por este recinto pasaron máis de 150 artesáns.

Víctor Mantiñán fixo fincapé na idea de que dende Estrella Galicia quérese apoiar a música tradicional e poucos festivais proxectan a cultura e a música galega como o fai Pardiñas. Un festival que “pode presumir de levar 38 anos”.

O encargado de pechar o acto foi Davide Salvado, que actuará o domingo 6 de agosto: “sempre reservo as datas de Pardiñas para gozar porque me aporta moitas cousas e tamén persoais, e este ano ademais, vou actuar”.

O sábado 5 actuarán Fernando Meireles (Portugal), Bloquinho de Xermolos (Galicia), Os Melidaos (Galicia), Quique Escamilla (México), Kalakan& Luis Peixoto (Euskadi/Portugal), Cúig (Irlanda) e Skandalo Gz (Galicia).

Davide Salgado. Foto: E-me Comunicación
Davide Salgado. Foto: E-me Comunicación

Para o domingo 6: Abóbriga (Galicia), Davide Salgado (Galicia), Yves Lambert Trío (Canada) e Sacha na Horta (Galicia).

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta