Tres feridos nun accidente de tráfico rexistrado en Vimianzo (A Coruña)

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico no que se viron implicados dous turismos, á altura do municipio de Vimianzo (A Coruña). Unha das vítimas tivo que ser liberada por un equipo de Bombeiros.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2017 | Actualizada ás 19:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico no que se viron implicados dous turismos, á altura do municipio de Vimianzo (A Coruña). Unha das vítimas tivo que ser liberada por un equipo de Bombeiros.

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 74,500 da AC-552, á altura da parroquia de Berdoias. O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente sobre as 14.00 horas, a través dun aviso do 061.

O centro de Emerxencias informou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Por outra banda, unha persoa resultou ferida tras romper un gardarraíl e caer por un barranco co seu vehículo no termo municipal coruñés de Ortigueira.

O accidente tivo lugar na AC-862, concretamente no punto quilométrico 40, sentido Ortigueira, e o coche acabou a 30 metros da estrada.

Desde o 112 Galicia alertouse dos feitos ao 061 Bombeiros, Garda Civil de Tráfico e ao GES da localidade.

Finalmente, o único ocupante do turismo accidentado puido saír polos seus propios medios do interior do coche e foi atendido no lugar do sinistro nunha ambulancia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta