Resposta a “ENCE e vasalos”: o eucalipto arde 3,5 veces máis co carballo

A maior asociación ecolóxica do país entra no debate sobre a campaña publicitaria “Datos, non opinións”, que onte debullou GC. Adega responde cun comunicado crítico no que alerta de que “a incidencia do lume nos eucaliptais é máis do triplo que nas frondosas autóctonas”. Ironicamente, o comunicado leva o título “Datos, non manipulacións”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/07/2017 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

ADEGA interpreta que é ENCE a responsábel da campaña pro-eucalipto nalgúns xornais e denuncia os “trucos de trileira” da pasteira. “ENCE e os seus vasalos lanzaron unha campaña ‘informativa’ para desvencellar ao eucalipto da problemática dos incendios”, din os conservacionistas.

Incedencia de lumes por especies
Incedencia de lumes por especies | Fonte: ADEGA

Que arde máis, os eucaliptais, os piñeirais ou os bosques caducifolios autóctonos? Tirando de datos oficiais, ADEGA demostra algo evidente, que proporcionalmente os lumes forestais afectan máis aos eucaliptais. “O tipo de árbore que arde en maior proporción é o eucalipto, seguido do piñeiro e por último, as carballeiras e frondosas autóctonas son as menos afectadas polos lumes, estando ademais a maioría destas masas en situación de abandono”, argumentan. Os ecoloxistas aseguran que “A incidencia do lume nos eucaliptais é 3,55 veces maior que no bosque autóctono”. 

Sobre a campaña, intentan demostrar que a mente ao poñer o énfase só no abandono do rural, dado que este abandono retroaliméntase coa propia expansión dos ecualiptos. 

Por outra banda, informar do nacemento dun foro para o deseño de políticas alternativas de loita contra o lume. Consello Forestal de Galicia -Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega, Organización Galega de Comunidades de Montes e Asociación Forestal Frouma son os seus promotores deste grupo crítico coas políticas da Xunta.

Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana
Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Loitaspartilladasnon

Dise que o século XXI vai ser aquel no que a auga se convirta nun recurso de enorme valor xeoestratéxico. Sen dúbida é así, pero tamén o será a terra. Ser incapaces de decatarse do que move o mundo no que vivimos é o colmo da necidadade especialmente para aqueles que teñen fillos. http://www.ieee.es/Galerias/fichero...

1 BeeeeNeGuai

Kollona, era bó que fixeras fruxe pra repoboar as leiras e fragas no canto de pasar horas propagandeando as bondades da partida de vendidos do BNG-PSOE. O país precisa xente nova sen medo, non mansos vasalos de políticos. De nada!

2 Loitaspartilladasnon

Acaeche moito a onomatopea do inicio. Estou agardando sen vivir en min polos preparaos coma ti... Beeee

4 Ags Gomes

Para que o saiban pepeiros e mareantes de ccooco

3 anonimo

Ola Adega!!!! Seguimos sen roer a man que nos da de comer eh? pillíns!! Saúdiños dende Hungria. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

2 Cálitros ao poder

Cantos "Adegueiros" viven en la aldea? Estes son dos que veñen os domingos e no verán a criticar todo y que le tengan el jardín del monte bien limpito para ir a pasear, sin cacas de vaca en las pistas...pero logo marchan pa sity e falan desde alí.

1 VERDADEIRO

Según o pepeiro e a coz de malicia - GALIZA TEN QUE SER COMO ETIOPIA (idevos preparando para a fame, a fame vai chegar o rural, os prezos vanse caer o nitens pagase 4 veces menos co globus, imos a un.ha sobreabundancia de eucaliptos, idela pasar mal, despois cando o monte sexa improductivo, viran as grandes empresas e o pepeiro a roubaros as fincas)- http://www.lavozdegalicia.es/notici...