Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 07/07/2017 | Actualizada ás 20:58
Na festa presentación, a partir das 20.00 horas, farase unha homenaxe ás lendas, sons, aromas, sabores e texturas do Miño e a Ribeira Sacra. A presentación do viño correrá a cargo de Paloma Rodríguez Moure, representante para a ocasión de Adegas Moure, o narrador Anxo Moure realizará unha viaxe pola mitoloxía das xacias do Miño creando un ambiente moi ligado á contorna do Cabo do Mundo onde se localiza a adega e a continuación o cociñeiro Carlos González, do restaurante Merenzao de Sober, fará unha maridaxe-degustación para pracer do padal dos asistentes.
O fin de festa quedará can as mans do grupo de folk galego-irlandés Böj que ofrecerán un concerto.
Ficha do Amarante Abadía da Cova
Atractiva cor rosa framboesa de gran intensidade, limpo e brillante. Aromas de froitos vermellos sobre fondo floral, lácteos e caramelo vermello (koyak) moi fresco e especiado, con toques de regalicia e de herbas aromáticas. En boca é sedoso cunha excelente acidez. Tacto graxo e saboroso, de gran complexidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.