Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2017 | Actualizada ás 13:32
Máis dun milleiro de persoas maniféstanse este sábado pola mañá nas rúas do centro de Santiago en apoio aos traballadores de Ferroatlántica e en contra da segregación das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleación da Costa da Morte.
Os manifestantes partiron da Alameda compostelá pasadas as 12,00 horas, ao berro de 'As centrais non se venden' e 'Os ríos son nosos e non de Villar Mir'.
O portavoz do comité de empresa, Alfonso Mouzo, advertiu de que a segregación das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleación suporía a "ruína" da comarca. Na manifestación participan tamén os portavoces parlamentarios de En Marea, PSdeG e BNG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.