Arden por completo un camión nas Nogais (Lugo) e un turismo en Chantada, pero non houbo feridos

Un camión que transportaba paquetería ardeu por completo na madrugada deste venres tras sufrir un incendio na autovía A-6, á altura das Nogais (Lugo), pero o seu condutor resultou ileso. Ademais, un lume calcinou un turismo no municipio lucense de Chantada.

LUGO | 14/07/2017 | Actualizada ás 09:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un camión que transportaba paquetería ardeu por completo na madrugada deste venres tras sufrir un incendio na autovía A-6, á altura das Nogais (Lugo), pero o seu condutor resultou ileso. Ademais, un lume calcinou un turismo no municipio lucense de Chantada.

Os feitos tiveron lugar no quilómetro 434 da autovía, en dirección Madrid, segundo informou o 112 Galicia. Foi o propio camioneiro o que contactou ás 0,20 horas deste venres co servizo de emerxencias para explicar o que lle ocorría.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e á Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos de emerxencia desprazados ata o lugar conseguiron sufocar o lume sobre as 3,30 horas deste venres, segundo concretaron as mesmas fontes.

Mentres, o lume tamén calcinou por completo un turismo en Chantada. En concreto, o incendio rexistrouse en Saviña, na parroquia de Santiago de Arriba.

Ás 7,50 horas deste venres un particular chamou ao 112 para dar a voz de alarma. Segundo explicou, o condutor xa saíra do vehículo afectado.

Por parte da central do 112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Chantada, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta