Camiña En Marea cara a un Amio 2?

En xaneiro de 2012 o BNG celebraba a súa XIII Asemblea Nacional. Un cónclave que supuxo a fin do frontismo do BNG e a baixa de numerosos militantes e das súas formacións. Moitos dos seus dirixentes acabaron integrándose en En Marea e, cinco anos e medio despois, volven repetir as mesmas dinámicas de entón.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 18/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"A dirección terá que saber interpretar estes resultados para que o proxecto do BNG se manteña unido e cohesionado e que non haxa ningún problema á crítica interna". Eran as palabras que pronunciaba Xosé Manuel Beiras en xaneiro de 2012, logo da histórica asemblea do BNG en Amio. "Os resultados demostran que o BNG é unha forza política plural, desde hoxe é necesario buscar o que nos une, pór en valor o que nos une porque a asemblea deu a radiografía do que ten o BNG", engadía Carlos Aymerich.

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea o sábado
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea o sábado | Fonte: Xurxo Guitián

Os dous presentábanse nun polo fronte a hexemónica UPG. "Fixemos un exercicio real de democracia que constata que imos cara a unha organización máis plural, diversa e democrática", respondía Francisco Jorquera, do sector oficial, no seu discurso final. Máis concreto, Guillerme Vázquez, o novo portavoz nacional daquela, indicaba que "non hai vencedores, nin vencidos" e tendía unha man ao sector crítico.

Un 5%. Esa era a porcentaxe final que a APU --o sector oficialista e triunfante-- obtivo de diferenza con respecto a Encontro Irmandiño e Máis Galiza, que integraban o sector cŕitico, nesa asemblea. Pouco despois, debido ás tensións internas e ideolóxicas, partidos como Encontro Irmandiño e Esquerda Nacionalista decidían abandonar o Bloque. A corrente Máis Galiza, a segunda forza máis votada tras UPG, e o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, realizaron asembleas propias para decidir a súa continuidade, decantándose ambas por abandonar tamén o BNG.

Unha división que supuxo o inicio do declive electoral do BNG. Tras esas escisións e a súa consecuente caída en votos e escanos nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, pasaba de 12 a 7 deputados, fronte aos 9 que entón obtivo Alternativa Galega de Esquerda, na que estaban moitos dos críticos.

Repetición?

Este sábado semella que se repetiron moitas das situacións de hai cinco anos e medio, aínda que noutra formación, En Marea. Estaban moitos dos dirixentes que entón abandonaron o BNG, aínda que en sectores diferentes, e tamén o sector oficial gañou ao crítico por unha escasa marxe, 7% dos votos.

E a pesar dos chamamentos á unidade do líder, Luís Villares, xa ninguén oculta a gran división interna que vive esta formación e que visualizaron os alcaldes da Coruña, Xulio Ferreiro, e Compostela, Martiño Noriega, coa súa ausencia o pasado sábado. Tamén a postura de Xosé Manuel Beiras, que fiel as súas contradicións internas, non se sabe se está dunha parte ou da outra, cando algúns lle piden que sexa, precisamente, o encargado de "cementar", novamente, En Marea.

"Ampliar o consenso"

"Son consciente de que hai iniciativas e achegas concretas sobre as que habería que falar canto antes. É necesario ampliar o consenso o máximo posible e a man está tendida desde hoxe mesmo. Hai que adoptar iniciativas internas para que teñamos un espazo de suma", apuntaba este luns o propio Villares tendendo pontes co sector crítico. O seu obxectivo é que o ocorrido o sábado non se traduza na ruptura do espazo de confluencia, posto que, ao seu entender, do debate "o único que debe saír sempre é a conclusión de que é necesario avanzar".

"Non hai ningún motivo de fondo de calado que xustifique que ninguén se vaia a descolgar da unidade popular. Temos todo por conseguir, a garantía dun sistema público que asegure os dereitos fundamentais, temos por conseguir un emprego digno que faga que a xente non teña que emigrar... Mentres todo isto non se consiga, todo o mundo debe permanecer unido", apelou.

Avisos

O sector crítico mantense á espera. Rafa Dopico avisaba, logo dos resultados do sábado, do escaso número de participantes deste cónclave, así como "o baleirado" e "a despolitización" que trouxeron a organización ata o punto en que se atopa. "A política da coordinadora supuxo baleirar o espazo, reconvertelo nunha cousa distinta... e co apoio de pouco máis de 200 persoas", criticaba. "Haberá que analizar os resultados e tomar decisións democráticas", indicaba.

Máis concreto era Noriega.  "Nada novo que dicir. Mantiven un perfil nas semanas previas do debate do espazo de En Marea nas que administrei os meus silencios de maneira consciente e hoxe non teño nada novo que dicir sobre o que xa non dixen nas semanas anteriores", xustificaba o alcalde compostelán ao ser preguntado sobre a súa ausencia no plenario.

"Agora estou absolutamente centrado no espazo da cidade e nas responsabilidades que teño neste ámbito...Non teño ningunha obriga de exercer como portavoz e tampouco ningún interese en facelo nestes momentos", dicía.

Con todo, o rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, o único das grandes cidades que estivo na asemblea tentaba restar tensión e indicaba que o debate interno "segue aberto" porque aínda non está representada toda a pluralidade do espazo que "debe estar dentro do seo de En Marea".

O certo é que, a partir de agora, ambos os dous grupos teñen que ser conscientes de que teñen que recompoñer espazos, curar feridas e medir os tempos senón queren repetir dinámicas anteriores como aconteceu no BNG, e non acaben por converter o "espazo de referencia da cidadanía" que pretende ser en Marea, nun espazo residual. E tempo non lles queda moito. A primeira gran cita electoral asoma xa e todos estes problemas internos fan perigar a continuidade dos chamados "alcaldes do cambio" que serían os primeiros en sentir a disonancia entre as súas formacións e a cidadanía se, antes, non lle poñen remedio.

Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG
Xosé Manuel Beiras, líder de Anova, e Francisco Rodríguez, líder da UPG, cando os dous compartían militancia no BNG | Fonte: Kopa
Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG
Beiras, Paco Rodríguez, e outros líderes da UPG e Anova cando estaban xuntos no BNG | Fonte: www.bng-galiza.org
Villares e Beiras
Villares e Beiras
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

7 Está cantado...

Isto xa cheira a estratexia. Cheira que imbra. Saben perfectamente todos botar contas de votos, que teñen carreira. Ata a Pontona. Saben como está o PSdG. E o que pasa coa aritmética contable eleitoral con moitas listas e pouca porcentaxe de votos. O que ocorre é que as listas e a forma de concorrencia se han facer á última hora do último día, tan democráticamente como ven sendo costume nesas organizacións e grupúsculos. Ou amáñanse para poñer uns ceros a esquerda femininos que non deixen ver demasiados da mesma suposta e momentánea militancia. Gardo a captura desta mensaxe para amosala dentro de 21 meses. As autonómicas do 2020 serán en maio coas xerais, porque é a data que mellor lle ven ó PNV. Pero en febreiro dese ano non imos ver unhas primarias de En Marea cunhas normas que non se modifiquen sobre a marcha nin para Congreso nin para Senado, nin para o Parlamento de Galicia. A pesar diso, dúas ducias vivirán de PM grazas ós votos tapando o nariz.

6 Gallego de La Coruña

El nacionalismo gallego lleva el germen autodestructor en lo más profundo de su ADN, señal de su perversidad congenita. Si no se pegan con los demás se matan entre ellos de la forma más sádica.

1 arabe madrileño

a teoria poderia ser valida, se non fora que en marea non é nacionalista.... mais ben unha organización española pseudofederalista con centro de decision en madride!

2 Gallega de Citty

Y luego

5 Adiante!

A vitoria de Luis Villares o sábado é incontestábel, demostrou a súa capacidade de liderado e xa non hai dúbidas de que é o referente da esquerda galega. Agora só quedan que os críticos acepten a súa derrota, e empecen a sumar e non restar ao proxecto de Villares. O seguinte paso, inevitábel, ten que ser a integración do BNG na Marea para acadar a auténtica candidatura unitaria de esquerdas na Galiza. Adiante Villares!! Adiante Galiza!

1 balbino

Penso que é máis probable a integración do Bloque que a aceptación da derrota dós críticos. Estes volveran a escindirse unha e outra vez ata que impoñan "democraticamente as suas teses"

2 Adiante!

Ese sería un gran erro, balbino! É preciso que os derrotados (EU, Podemos, as mareas municipalistas e unha parte dos de Anova) acepten que Luis Villares é o líder e conta co respaldo maioritario da base social da Marea. Temos un líder e temos unha militancia ilusionada con este novo mencer no que as forzas ruturistas co réxime do 78 temos que mudar este estado de excepción para devolverllo á xente do común

3 M. Meixide

Parvoicies! Sen o PcE e os pablistas da Complutense os de En Marea non son nada: a quen colocarían para encabezar as listas? Sen Yoli, Eva, Pam, Toné... non hai cartel bonito! Nin imprenta que os faga sen cobrar! Igual que o BNG sen UPG-CIG, quen paga a campaña cando o banqueiro Gayoso caeu? Pois iso, o que paga manda! E os servos, chámense BNG ou En Marea obedecen!

4 La pastillita loqui

Ponte tu de lider de la Marea loquito louzanista que tienes mas pelo

4 Chú Norris

Crónica de una muerte anunciada......saben aquél que diu.....estaba un español de izquierda unida....un modernete que no quiere que se le note su acento gallego....un medio galleguista medio nacionalista y en esto....aparece Beiras! cómo se llama la película? Pues eso

3 Efixio

O BNG reflicte o que é a nosa sociedade. Lugo máis a súa provincia son case subdersenroladas, Ourense outro tanto. Casi todos os povos da costa de calquera provincia o mesmo. Disimulan un pouco as cidades, unhas máis que outras. No só a xeografía dos povos do interior e da costa son "xustos" senón que a xeografía humana é similar á arquitectónica. E o BNG é Galiza. E Galiza é así. Pero cando vives fora da realidade, chegas a pensar ou so a fixarte nunha poucas cousas boas que ten o país. Mentres que as demais, que son inmensa maioría, son nefastas. Levamos un atraso de máis de 30 anos coas zoas máis desenvolvidas de Espanha. Iso non hai quen no lo quite. Pois o BNG e a sociedade no seu conxunto, é tamén 30 anos máis atrasada. Temos que viver na realidade. E non no que nos gostaría que fose.

1 Efixio

"subdesenvolvida". Daí que pase todo o que está a pasar e o que pasou. É moi triste pensar que a inmensa maioría da xente foi a EN MAREA porque sí. Porque lhes comeron o tarro dende a 6ª, con razón, pero coméronlhes o coco. Beiras, Martinho e outros aproveitaron este tiron que veu de balde para poder encherse de votos. Son xente moi válida. E de paso falarlhes da Galiza como país, cousa que nunca escoitaran. Xa que a meriande parte deles nin fu nin fa. Pois xa fixeron algo bo. Agora estes votantes xa saben, antes non tinhan nin a máis mínima ideia, de que Galiza existira. Pois ben por eles. Pero unha vez dito isto, todo o que está a pasar, é produto de que o noso país está moi moi atrasado.

2 Efixio

Hai una cousa que de sempre me fixo rir e ao tempo sentirme mal. Cando, hai anos, a xente ía mercar toalhas e outras cousas téxtiles a feiras Portugal. Como se nós vinhésemos dun país súper-desenvolvido e eles fosen dunha tribo aborixen do norte do páis vecinho. Río por non chorar. E moitos galegos vinhan de povos horriblemente feos, aldeias onde habia casas que non tinhan case luz, milheiros de parentes emigrados, había estradas que eran verdadeiras lameiras...iso non o vían. Ían a Portugal como quen vai a selva amazónica. Ai, que triste e que desolador panorama. Que xente!