Todos a celebran, pero por separado: guía de actos políticos para o Día da Patria

A tradicional desunión entre os nacionalistas e as evidentes fendas dos socios de En Marea marcan a axenda deste 25 de Xullo no que PSOE, PP e Esquerda Unida evitarán a capital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2017 | Actualizada ás 23:06

Comparte esta noticia

A distancia entre as forzas da órbita nacionalista e tamén a división entre as formacións da esquerda rupturista ligadas a En Marea quedará en evidencia este martes 25 de xullo, con motivo da celebración do Día da Patria, unha data para a que, cada organización, prepara os seus propios actos. 

Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016
Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016 | Fonte: @GorettiSRei.

Na banda do nacionalismo, eonxe do escenario de 2015, cando as distintas formacións nacionalistas confluíron nunha convocatoria unitaria, na cita do próximo martes reeditaranse os actos diferenciados do pasado exercicio. Pero neste ano, o foco non só está sobre o nacionalismo, senón tamén sobre o espazo de confluencia que se xestou, como En Marea, para as últimas eleccións autonómicas.

Aínda que recoñece que tería preferido un acto unitario e aspira a poder impulsalo nun futuro, En Marea manifestou que "a posición" do BNG non é próxima a participar xunto a outras forzas políticas na marcha do Día da Patria.

Pero tamén as formacións ligadas ao partido instrumental, cuxa asemblea fundacional se celebrou pouco despois do 25 de xullo de 2016, terán os seus actos propios, salvo no caso de Cerna.

En Marea explicou que, desde a coordinadora, houbo "intentos" para organizar un acto conxunto para este 25 de xullo, pero finalmente non puido levar a cabo debido á "limitación temporal" e a que os diferentes partidos xa tiñan "cousas en marcha".

Acto do PSdeG en Rianxo polo 25 de Xullo
Acto do PSdeG en Rianxo polo 25 de Xullo

PODEMOS AÍNDA ESTÁ PECHANDO A SÚA AXENDA

A formación morada aínda non concretou o formato da súa celebración. Fontes do partido, indicaron a GC que en todo caso será unha celebración da matria galega na que se buscará destacar o papel de figuras femininas claves para a construción de Galicia como nacionalidade, como parte do "compromiso de Podemos coa feminización da política e da pluranacionalidade".

ANOVA NO PARQUE DE GALERAS

Con antelación xa avanzara Anova os seus actos, que arrincarán o 24 cunha xornada de debate en Santiago na que Xosé Manuel Beiras, a deputada da CUP no Parlament catalán Anna Gabriel e a parlamentaria no Congreso de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia disertarán sobre unidade popular e procesos constituíntes.

En Marea chega a este 25 de xullo coas costuras máis a vista que en ningunha outra ocasión. Malia que por vez primeira a confluencia organiza unha celebración propia polo Día da Patria, os seus socios montarán eventos de seu por separado.

Anova organiza actos tanto o 24 como o 25. Na primeira xornada na facultade de filosofía haberá unha primeira mesa para facer balance das mudanzas nos concellos e “os desafíos que teñen por diante as ferramentas da Unidade Popular”.

Logo será o momento para os invitados, cun debate entre Anna Gabriel da CUP, Marian Beitialarrangoitia de Sortu e o histórico Xosé Manuel Beiras.

O día 25 no Parque de Galeras haberá un acto político e un xantar de confraternización. O evento terá lugar a partir das 13.00 horas no Parque de Galeras. ANOVA salienta que o evento non está pensado “soamente para a nosa militancia”.

ESQUERDA UNIDA EN MUGARDOS

Izquierda Unida en Galicia anunciou unha homenaxe ao alcalde republicano mugardés Juan Prieto Balsa fusilado polos golpistas de 1936. O prinicpal obxectivo é recuperar a memoria dos dirixentes do Partido Comunista de Galicia que colaboraron na organización do referendo sobre a autonomía.

O acto terá lugar en Mugardos a partir das 12 horas, e contará coa participación da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o membro da executiva de Esquerda Unida, Xabier Ron.

MANIFESTACIÓN E ACTOS DO BNG

Pola súa banda, o BNG promove a habitual manifestación do Día da Patria, que percorrerá as rúas da capital galega. Espera que este sexa o 25 de xullo "máis masivo dos últimos anos" e afirma que "suma récord" de delegacións políticas e colectivos sociais que o acompañarán nos actos que organizou, coa presenza doutras forzas nacionalistas e independentistas de España e de Europa.

Á cita acudirán, entre outros, Jordi Salvador, Joan Capdevila, Xavier Eritka e Javier Castelá, por parte de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC); Albert Botran, de Candidatura d'Unitat Popular (CUP); e Pep Cortell, do Bloc Nacionalista Valencià.

Tamén representantes do PNV, EA e EH Bildu, ademais de colectivos sociais como os traballadores de Ferroatlántica, os mariñeiros de Long Hope, de Solidaridade Galega con Pobo Saharauí ou do colectivo estudantil Erguer, entre outros.

Ademais, a formación nacionalista indicou que a programación deste ano do Festigal acolle unha mesa de debate que leva o título de 'O escenario pre e pos-referendo de Catalunya para as nacións sen estado', presentado pola portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda.

Galiza Nova tamén estará presente nos actos. O seu secretario xeral, Alberte Fernández, compartirá escenario con Pontón na Praza da Quintana. Na véspera haberá unha homenaxe a Rosalía e Castelao, en Santo Domingo de Bonaval.

CXG: CONVIDADOS DE PNV E DO PS PORTUGUÉS

Compromiso por Galicia (CxG) tamén elixiu a capital galega para os seus actos centrais con motivo do Día de Galicia, que arrincarán o 25 cunha ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. O acto político, con invitados do PNV e do PS portugués, terá lugar no Parque Euxenio Granell.

Nel intervirán o presidente de CxG, Xoán Bascuas; a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña; o secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo; así como o senador do PNV José María Cazalis e Paulo Pisco, deputado na Assambleia de Portugal.

A celebración contará tamén cunha comida de confraternidade e unha sesión de xogos tradicionais.

PSDEG: HOMENAXE EN RIANXO

Os socialistas galegos, un ano máis, renderán homenaxe a Castelao na localidade coruñesa de Rianxo con motivo do Día de Galicia nun acto ao que acudirá a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra.

Lastra desprazarase a Galicia para participar neste acto, que tamén contará coa presenza de cargos orgánicos e institucionais do partido na comunidade, ademais de alcaldes, portavoces e militantes da formación.

Intervirán a responsable do partido en Rianxo, Mari Carmen Figueira; a presidenta da xestora en Galicia, Pilar Cancela; e a vicesecretaria xeral do PSOE.

Rianxo é a localidade natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos intelectuais galeguistas de referencia, a quen tradicionalmente os socialistas renden homenaxe con motivo do 25 de xullo.

O PP ADIANTOU A SÚA CELEBRACIÓN

O PPdeG, pola súa banda, adiantou a súa celebración cun acto o venres 21 en Vilalba (Lugo), localidade natal do seu presidente fundador, Manuel Fraga, ante cuxo busto realizaron unha ofrenda floral. Na súa intervención, o secretario xeral do partido, Miguel Tellado, reivindicou o galeguismo.

Tamén é habitual que o seu xefe de filas e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen exercerá pola mañá do 25 de delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo que acolle a Catedral de Santiago, participe na tradicional misa de Rosalía no Panteón dous Galegos Ilustres.

Ofrenda floral do PPdeG ante o busto de Fraga
Ofrenda floral do PPdeG ante o busto de Fraga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

23 anonimo

De todo o discurso de m. meixide non se deuce que fora viable un estado independente galego cheo de xente maior. Todo é repetir que os de fora non intervirían equí, etc. Pero, insitimos, deso non se deduce que un estado galego nun país moi avellentado, cunhas pensións ultredeficitarias fose viable. ¿ Qué moeda ía ter ? ¿ Unha coma os dos países de Centroamérica, puramente virtual ? ¿ Ia poder manter una rede de embaixadas, un exército de seu, etc ? Hai xente enquistada nos seus plantexamentos victimistas e que non razoa. Eu non vexo a cacarexada " sumisión" por ningures, nen que sexamos uns esclamos de non sei quén. Non estou na onda histérico victimista.

1 Balbino Fernández

Un economista, de nome Xosé Díaz, escribiu "As contas que nos contan". Es ti, anónimo histérico españolista, capacitado para rebatelo? Moeda exclusiva, unha rede de embaixadas, exercito propio... grandes desvelos para un estado do século XIX ou para o XXI? Na túa casa gobernan os veciños, considerando que estás incapacitado para decidir por ti, pois deixas que o fagan os de fóra, verdade? Ou aínda estás baixo tutela paterna e non sabes valerte por ti? Ou es un parásito do españolismo e temes ficar sen hospede?

22 anonimo

Efectivamente, a solución está na ruptura. En crear un estado galego ( teóricamente, que na practica eda independencia non sería tal ) independente e comunista, que lle venderá o leite a carne a Angola e Mozambique, que estivera fora da unión europea, e que, por arte de maxia, vivise fora de realidade, cun nivel de vida de subsistencia, tipo a Albania de Enver Hoxa. Seica esa é a auténtica solución para algún iluminados/as. Galicia fai moito que deixou de exportar man de obra barata. Por favor. ! Se Galicia estase quedando sen xente , se é un país de vellos, que man de obra vai exportar ! Xa fai moito que esa papel o fan os sudamericanos ou dos do europa do leste. Pero seguimos a repetir o discurso de fai sesenta anos, coma se nada.

1 M. Meixide

Pois nada, seguirlle votando á mafia corrupta do Partido Podre ou ao BNG \Mareas para que deixen gobernar ao PPsoE que son os que saben!!! Estamos de marabilla, e nós, galeguiños miopes, nin nos enteramos!!! Viva a autoanemia!!! Que felicidade ser menor de idade, xogar a ser autónomo e que outros que saben decidan por nós!!! Que tristeza ver aos cataláns que se perderán nun mundo tan grande!!! Que será deles sen un monarca Borbón de sangue real eterna, sen un Tribunal Constitucional nomeado polos políticos para controlalos, sen os medios da caverna de Madrid para informalos, sen inxerencias na súa cultura rexional, sen que Madrid negocie por eles diante de Bruselas, sen que lles racionen a dose diaria e sexan os mafiosos corruptos os que lles pidan contas como a menores??? Galegos, a felicidade é ser submisos!!! Viva o masoquismo españolista!!!

21 Gamela

UNIDADE é un termo imposible polo que podemos ver nos comentarios, INDEPENDENCIA para o século XXII se antes non desaparece o planeta, liortas tódalas do mundo coma no "Primeiro de Maio" onde o minifundismo anticipa a EXCLUSIÓN SOCIAL e a DESIGUALDADE galopante desto que vimos chamando Neoliberalismo Rampante ! Malos Augurios (coma sempre) ! Por este camiño imos ter PPSOE per sécula seculorum !

20 Ana

No presente hai dúas alternativas: seguir no autonomismo como fan BNG e En Marea coa benzón do PPsoE no poder ou romper. A primeira vía é suicida, está demostrado no social, na cultura, na economía e no medio natural. Diante da submisión, a ruptura é a alternativa, non as tímidas proclamas da Quintana para quentar as masas no día festivo e logo caladas nos lugares onde gobernan pactando co PSOE, e tampouco as ambigüedades calculadas dos mareantes que serven a dous patróns. A alternativa non está no BNG entregado ao PSOE nin nas Mareas que piden permiso a Madrid antes de falar. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

19 Galispaña

Eu son español e galego, coma os meus avós e pais emigrantes... Metede o 25 polo cano que neste país os que vemos o mundo máis aló de Fisterra e de Pena Trevinca somos máis. Fato de atrasados.

1 balbino

Quizáis se o estado español non tratase a Galicia coma unha colonia de onde quitar man de obra barata e recursos naturais os teus avós e pais non terían que haber emigrado coma ten que facer meu fillo e a sua familia e estar a milleiros de km de onde queren estar. O 25 celebraremos orgullosos o que nos veña en gana ti " atrasado " fai có teu "cano" o que che veña en gana, ata podes polo a disposición dos teus queridos españois como ves facendo ata agora.

2 Galegus

¿De que colonia hablas so cenutrio? Qué lavado de cerebro te hicieron mientras te la hincaban. Hay que ser analfabeto. Como si en el resto de España o en cualquier otro país no se emigrara. Aquí los únicos que nos roban y explotan son los liberados de tu sindicato y los políticos de tu secta. Los cuatro colgados de tu chiringo podeis celebrar lo que os apetezca, pero en un mercado de ganado que es vuestro lugar adecuado.

3 Balbino

Claro burriño claro é sabido que no resto de España e no resto de países emigraron tanto como en Galicia, paréceme que o analfabeto meu pobre eres ti. Polo momento nunca houbo un nacionalista galego que este no cárcere por corrupción ou cousas desas non se pode decir o mesmo dos españolazos que reventan o teu "cano" cando lles presta e inda por riba ti pos a vaselina. Non ten proucupes que se paso polo mercado de gando saúdo a tua nai ok.

4 Galeguidade

Dice el Balbino que ningún nacionalista gallego estuvo en la cárcel por corrupción. Que chiste, como si en Galicia, alguno del PP fuera a la cárcel. Pero si no fueron ni Baltar ni Cuiña, que iban a ir los del BNG que son diez veces menos. Los del BNG son especialistas en que les toque la lotería como al conselleiro de industria Blanco, o en dedicarse a trabajar con "empresarios" con Dorribo, como el Bazarra.

5 Galegus

Balbino, mi madre es médico, no veterinario, por lo que no va a ningún mercado de ganado a arreglar lo que no tiene arreglo. Andaluces y asturianos emigraron en algunas épocas históricas tanto o más que gallegos,. Por otra parte, te informo de que en tu gremio, aparte de tantos o más ladrones que en el PP, no conozco un solo bloqueiro que haya creado un solo puesto de trabajo, que es el motivo por el que los gallegos han tenido que emigrar. En cambio, en el PP a pesar de su corrupción, conozco a montones de pequeños empresarios. Para lo demás habla con tu amigo Callón.

6 balbino

Pois para ser médico ben pudo pagarche bos estudos e ti pudeche a aproveitar a ocasión que non tiveron outros para aprender algo, a emigración galega dentro do estado español ou fora é motivo de estudo en todo o mundo pola diversidade e sobre todo pola cantidade, só comparable a outras coma Irlanda. Nin o resto do estado xunto emigraron tanto coma os galegos, ainda imos ter que dar grazas os ladróns do PP por teren as peores tasas de paro, os peores salarios, as pensións máis baixas, o renda per cápita máis baixa e incluso o menor número de médicos se non pregutanlle a tú Papa. Non me extraña que teñas esa mentalidade que tes vindo dunha familia cúns ingresos de máis de 60.000 euros ano, merecidos penso eu no caso dalgúns médicos, o quen non quita que sexas un neno mimado e maleducado. Bo día da Patria¡¡¡ algúns intentaremos celebralo ainda que teñamos que traballar logo, xa que nacimos nunha familia nobre e non nun berce douro fillo de Papa.