Todos a celebran, pero por separado: guía de actos políticos para o Día da Patria

A tradicional desunión entre os nacionalistas e as evidentes fendas dos socios de En Marea marcan a axenda deste 25 de Xullo no que PSOE, PP e Esquerda Unida evitarán a capital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2017 | Actualizada ás 23:06

Comparte esta noticia

A distancia entre as forzas da órbita nacionalista e tamén a división entre as formacións da esquerda rupturista ligadas a En Marea quedará en evidencia este martes 25 de xullo, con motivo da celebración do Día da Patria, unha data para a que, cada organización, prepara os seus propios actos. 

Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016
Manifestación do BNG na Praza da Quintana, en Compostela, no Día da Patria 2016 | Fonte: @GorettiSRei.

Na banda do nacionalismo, eonxe do escenario de 2015, cando as distintas formacións nacionalistas confluíron nunha convocatoria unitaria, na cita do próximo martes reeditaranse os actos diferenciados do pasado exercicio. Pero neste ano, o foco non só está sobre o nacionalismo, senón tamén sobre o espazo de confluencia que se xestou, como En Marea, para as últimas eleccións autonómicas.

Aínda que recoñece que tería preferido un acto unitario e aspira a poder impulsalo nun futuro, En Marea manifestou que "a posición" do BNG non é próxima a participar xunto a outras forzas políticas na marcha do Día da Patria.

Pero tamén as formacións ligadas ao partido instrumental, cuxa asemblea fundacional se celebrou pouco despois do 25 de xullo de 2016, terán os seus actos propios, salvo no caso de Cerna.

En Marea explicou que, desde a coordinadora, houbo "intentos" para organizar un acto conxunto para este 25 de xullo, pero finalmente non puido levar a cabo debido á "limitación temporal" e a que os diferentes partidos xa tiñan "cousas en marcha".

Acto do PSdeG en Rianxo polo 25 de Xullo
Acto do PSdeG en Rianxo polo 25 de Xullo

PODEMOS AÍNDA ESTÁ PECHANDO A SÚA AXENDA

A formación morada aínda non concretou o formato da súa celebración. Fontes do partido, indicaron a GC que en todo caso será unha celebración da matria galega na que se buscará destacar o papel de figuras femininas claves para a construción de Galicia como nacionalidade, como parte do "compromiso de Podemos coa feminización da política e da pluranacionalidade".

ANOVA NO PARQUE DE GALERAS

Con antelación xa avanzara Anova os seus actos, que arrincarán o 24 cunha xornada de debate en Santiago na que Xosé Manuel Beiras, a deputada da CUP no Parlament catalán Anna Gabriel e a parlamentaria no Congreso de EH Bildu Marian Beitialarrangoitia disertarán sobre unidade popular e procesos constituíntes.

En Marea chega a este 25 de xullo coas costuras máis a vista que en ningunha outra ocasión. Malia que por vez primeira a confluencia organiza unha celebración propia polo Día da Patria, os seus socios montarán eventos de seu por separado.

Anova organiza actos tanto o 24 como o 25. Na primeira xornada na facultade de filosofía haberá unha primeira mesa para facer balance das mudanzas nos concellos e “os desafíos que teñen por diante as ferramentas da Unidade Popular”.

Logo será o momento para os invitados, cun debate entre Anna Gabriel da CUP, Marian Beitialarrangoitia de Sortu e o histórico Xosé Manuel Beiras.

O día 25 no Parque de Galeras haberá un acto político e un xantar de confraternización. O evento terá lugar a partir das 13.00 horas no Parque de Galeras. ANOVA salienta que o evento non está pensado “soamente para a nosa militancia”.

ESQUERDA UNIDA EN MUGARDOS

Izquierda Unida en Galicia anunciou unha homenaxe ao alcalde republicano mugardés Juan Prieto Balsa fusilado polos golpistas de 1936. O prinicpal obxectivo é recuperar a memoria dos dirixentes do Partido Comunista de Galicia que colaboraron na organización do referendo sobre a autonomía.

O acto terá lugar en Mugardos a partir das 12 horas, e contará coa participación da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o membro da executiva de Esquerda Unida, Xabier Ron.

MANIFESTACIÓN E ACTOS DO BNG

Pola súa banda, o BNG promove a habitual manifestación do Día da Patria, que percorrerá as rúas da capital galega. Espera que este sexa o 25 de xullo "máis masivo dos últimos anos" e afirma que "suma récord" de delegacións políticas e colectivos sociais que o acompañarán nos actos que organizou, coa presenza doutras forzas nacionalistas e independentistas de España e de Europa.

Á cita acudirán, entre outros, Jordi Salvador, Joan Capdevila, Xavier Eritka e Javier Castelá, por parte de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC); Albert Botran, de Candidatura d'Unitat Popular (CUP); e Pep Cortell, do Bloc Nacionalista Valencià.

Tamén representantes do PNV, EA e EH Bildu, ademais de colectivos sociais como os traballadores de Ferroatlántica, os mariñeiros de Long Hope, de Solidaridade Galega con Pobo Saharauí ou do colectivo estudantil Erguer, entre outros.

Ademais, a formación nacionalista indicou que a programación deste ano do Festigal acolle unha mesa de debate que leva o título de 'O escenario pre e pos-referendo de Catalunya para as nacións sen estado', presentado pola portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda.

Galiza Nova tamén estará presente nos actos. O seu secretario xeral, Alberte Fernández, compartirá escenario con Pontón na Praza da Quintana. Na véspera haberá unha homenaxe a Rosalía e Castelao, en Santo Domingo de Bonaval.

CXG: CONVIDADOS DE PNV E DO PS PORTUGUÉS

Compromiso por Galicia (CxG) tamén elixiu a capital galega para os seus actos centrais con motivo do Día de Galicia, que arrincarán o 25 cunha ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres. O acto político, con invitados do PNV e do PS portugués, terá lugar no Parque Euxenio Granell.

Nel intervirán o presidente de CxG, Xoán Bascuas; a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña; o secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro Docampo; así como o senador do PNV José María Cazalis e Paulo Pisco, deputado na Assambleia de Portugal.

A celebración contará tamén cunha comida de confraternidade e unha sesión de xogos tradicionais.

PSDEG: HOMENAXE EN RIANXO

Os socialistas galegos, un ano máis, renderán homenaxe a Castelao na localidade coruñesa de Rianxo con motivo do Día de Galicia nun acto ao que acudirá a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra.

Lastra desprazarase a Galicia para participar neste acto, que tamén contará coa presenza de cargos orgánicos e institucionais do partido na comunidade, ademais de alcaldes, portavoces e militantes da formación.

Intervirán a responsable do partido en Rianxo, Mari Carmen Figueira; a presidenta da xestora en Galicia, Pilar Cancela; e a vicesecretaria xeral do PSOE.

Rianxo é a localidade natal de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos intelectuais galeguistas de referencia, a quen tradicionalmente os socialistas renden homenaxe con motivo do 25 de xullo.

O PP ADIANTOU A SÚA CELEBRACIÓN

O PPdeG, pola súa banda, adiantou a súa celebración cun acto o venres 21 en Vilalba (Lugo), localidade natal do seu presidente fundador, Manuel Fraga, ante cuxo busto realizaron unha ofrenda floral. Na súa intervención, o secretario xeral do partido, Miguel Tellado, reivindicou o galeguismo.

Tamén é habitual que o seu xefe de filas e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen exercerá pola mañá do 25 de delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo que acolle a Catedral de Santiago, participe na tradicional misa de Rosalía no Panteón dous Galegos Ilustres.

Ofrenda floral do PPdeG ante o busto de Fraga
Ofrenda floral do PPdeG ante o busto de Fraga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

18 Farlopaday17

Un gran día para noso negocio. Maleantes ou bloquearos soles benvidos

17 Observador

Triste a marea. Aparentando unidade, pobo e nacionalismo. E no día da patria repartidos en 4 grupos, sen pobo ( ós seus actos van ir 4 ghatos), e celebrando o día da patria sen ilusión, á forza para q non pareza q o BNG vai encher Santiago o 25 de Xullo. Os votos, coma a marea, suben e baixan. E se non hai unidade nas vacas gordas....triste marea...q si, q si, q a culpa é da upg-BNG vosotros sois los guais... En fin, q é mellor morrer q ver a soberbia de algúns....

1 Leirachá

Para paparotas aquelas que facía o Partido Podre no Monte do Faro, en Compostela... Pobo e rexionalismo ben entendido, galeguidade e autoidentificación! Miles de devotos de romaría, centos de autobuses carretando, troula con banda de gaiteiros e aplaudir a rabear a don Manuel... Cantas lembranzas! E canto se parecen ás mobilizacións rituais do BNG! Postureo, selfie, compadreo, modeliños, líder carismática, sindicato de liberados, profesionais da política, asesores colocados, cachorros con fame... Nada de berrar independencia! Nos concellos "liberados" os topónimos seguen deturpados, a "fiesta nacional" subvencionada, o principe do facherío convidado de honra na festa patronal... Que grande é a autonomía outorgada que tanto celebran os "buenos" rexionalistas do BNG e das Mareas de Podemos! Por certo, os arredistas non celebran? Ou é incómodo preguntar á prensa subsidiada polo poder dos rexionalistas?

2 nostrus

Leirachá, imaxino que te tes que atopar moi resentido por vivir nunha rexion tan plural e diversa como Galicia. Que mágoa que naceras tan retorcido e non podas disfrutar da galeguidade na sua plenitude e te teñas que refugiar situandote ao caron dos que son tan renegados coma ti para darvos calor e aporveitandovos de que nesta España que temos caben os que non caberian na Galicia que vos soñades. De momento sigue sufrindo porque é o camiño que escolliches e porque non hai outro modo de ser galego que tendo a nacionalidade española. Nacionalistas ficticios que tragades con rodas de muiño.

3 O Freire

Nostrus, neste debate non poden participar menores de idade, so persoas libres para decidir. Ti, non das a altura, mellor que pidas un refresco e preguntes de paso aos do bar cando poñen os partidos da seleccion española. E xa lle mandaremos unha nota a escola, para que che expliquen cal ben sendo a diferenza entre nacionalista e soberanista, que a enciclopedia que usas esta un chisco desactualizada.

4 Laleilo

O Freire, corrixa a súa ortografía por favor. Fágao pola súa amada patria. Grazas.

16 comunista independentista

Olá. É aquí onde se vén a desafogar o odio contra as Mareas?

1 Androide

E contra o BNG?

2 Cheira te pega

Pero se xa pelexades entre vos literalmente a hostias comunista de los peines. Ti vas ir coa alcaldesa de Regavosa ou ás charlas de Anova http://www.ferrol360.es/el-suminist...

3 Bloque Regionalista en Venta

Que bonito sería queimar hemerotecas e prohibir internet... http://www.primeiralinha.org/destaq... Os comunistas da UPG-BNG serían héroes e non viláns!

15 nostrus

El dia de Galicia es un dia de fiesta y alegria para los gallegos, excepto para los naciotas que les supone una especie de Viernes Santo para sufrir y lamentarse de lo desgraciados que son. Pobriños, ¡dan una lástima!

1 Galegos somos

É un día para festexar que non somos españois, ainda que esteamos incluídos dentro do estado español

2 nostrus

Conformádevos con festexar que non vos "sentides españoles", algo moi distinto a non selo. Os que non sabedes diferenciar "o que sentides do que sodes" tedes un serio problema. Imaxina que te sintes Superman e te tiras dunha terraza ????. Procura curar ese mal ou non chegas a vello.

3 Nexus 6.1

Nostrus, hay que corregir a estos desviados. Nosotros, tu y yo, los fascistas debemos hacer que vuelvan al rego (creo que se dice asi en la regional de los aborigenes). Por cierto, dime donde vives para que nos eches una mano para pasear el autobus de Hazte Oir. Gracias valiente, contamos contigo!

4 Confusos andades

Nós temos moi claro o que somos, Galegos, por moito que desde fora nos digan que non, que somos españois... Os que andades confundidos sodes bos, que sodes galegos e ndades por aí coma se fósedes da Meseta... Eu podo gostar moito da Franza, mais non son francés, nin os galegos son españois por moito que anden obnubilados con Madrí...

14 Que reganoxo da a Marea

O mellor é IU que aproveita para homenaxear a república española coa alcaldesa homenaxeadora de Reganosa. Que reganoxo deron vinte anos con que estaban contra Reganosa para rematar nesta foto: http://www.ferrol360.es/el-suminist...

1 M. Meixide

Lembras como se vendeu a UPG-BNG. Documentado: http://www.primeiralinha.org/destaq... Nada agardamos das Mareas de Podemos, menos dos falsarios comunistas (chámense UPG ou PcE, con nomes cono BNG e IU, que pactan co PsoE dos mercaderes e dos Gal), menos de CxG (convidarán tamén ao Partido Podre? Si, en Tui van recuperar xuntos a alcaldía, un logro de Padín!)... Independencia e soberanía!!! O berro que os covardes do BNG non se atreven a pronunciar!!!

2 La pastillita loqui

Ahora nada agardas loquito si hace 48 horas eras de las Mareas del Podemos que bien haces de taparrabitos loquito

3 Parada do Sil

Dúas precisións aos comentarios: Carlos Vázquez Padín non é de CxG senón de C21, unha xoia que antes foi concelleiro e cabeza visible do BNG e agora pacta coa maioría do PP, repítese a historia (Portomarín, A Bola, A Cañiza...) do trasvase BNG-PP, tapemos o nariz... Eu non sei quen é aquí o taparrabos, pero sospeito que distribuir enlaces de Primeira Linha, ademais de poñer en evidencia de xeito indiscutible que o BNG se vendeu a Reganosa (entre outros), tamén destapa a quen lle proe que se coñezan feitos vergoñentos do BNG, logo ao que vai chamando "loquitos de la pastillita" igual che acae a ti mellor o de tapar as vergoñas do partidiño... Iso si, disimulas moi ben en castelán... Patético! Dobremente ridículo!

4 Observador

Padin serà responsable do q faga, pero q sexa exBng non é para botarlle a culpa ó BNG , non?. Ou o alcalde de Miño ex CxG e pactante co PP é culpa de CxG?. Ou a fortuna de Rafa Cuiña non veu do trinque da sua familia dentro do PP?. Foi falar Xudas dos chivatos...

5 Amigos para siempre

Se Padín fose un ou o único, non. Se o Bloque estivo inzado de Padíns, Leiceagas, Severinos, Francés, Barge, Serranos... xa é outro cantar! Por que me vou fiar dunha organización chea de ratas? Quen me garantiza que está agora desrratizada? Que mañá non serán Suárez, Ferrero ou Lores? Non son unha mostra da escasa convicción política e ideolóxica dentro do BNG? Polo menos o portavoz nacional doutrora así o recoñecía http://www.laopinioncoruna.es/galic...

6 Amigos para siempre

E non che quito razón no de Cuiña! Faltaría máis! Agora que tamén deberías preocuparte do motivo que leva a reunirse ao responsable de finanzas nacional do BNG para reunirse EN NOME do alcalde de Pontevedra co da recoñecida mafia de Vendex. Un de Compostela EN NOME dun alcalde de Pontevedra, de onde non era nin tiña cargo! Ou a montar pola cúpula financiera e política do BNG, xusto no local baleiro a carón da sede nacional do BNG, unha empresa chamada Carrumeiro Media, que recebe adxudicacións do bipartito! Hai que ser máis discretos e menos ratas!

7 Observador

Uuuf Carrumeiro, mi madriña. Desde aquela xa houbo varios portavoces nacionais no BNG e moitas escisions, alguns deses xa se foron. Faltouche dicir q nos 80 un concelleiro do BNG de Muxia lle dera a alcaldía ó PP...o curioso é q non te fíes dun partido onde militaron tantas ratas q del se foron e te fíes das ratas q despois formaron o resto das siglas q agora existen e non son BNG. Anova, CxG, Cerna, FPG , primeira Linha...

8 La pastillita loqui

Loquirratita te olvidastes de lo peor la mafia de Lores con los hosteleiros que ponen mesas en las aceras y que no dejaron seguir a tu amigo Louzán

9 Lemés

Pero Observador, taparrabos do BNG-PSOE, se aínda non hai tanto TI DEFENDIAS AS RATAS, cando outros che mostraban os deslices do BNG no poder ti chorabas pola perda do BNG de Severino, de Vega Buján e de Pilar López da alcaldía de Monforte. Ti DEFENDIAS aos que sinalamos como traidores e o tempo confirmou. TI TAPABAS co teu fino olfato para conservar o pírrico poder do BNG. Ti Observador es servo das ratas: http://www.galiciaconfidencial.com/... Chora de novo polo BNG da Pilara, da Pepa e do Severino que tanto botas en falta. Para falar dos demais hai que ter o pasado limpo, e TI OBSERVADOR ESTAS COAS RATAS. Antes e agora TAMEN!!!

10 Observador

Se as ratas son en sentido metafórico os q se van eu non os defendín nunca Lemés. Tamen defendín ó Martiño alcalde de Teo polo BNG. Daquela inda non o era, inda non se fora. Severino agora xa pode presentarse por CxG ou pola Marea e todos contentos. As 20000 persoas q se manifestarán mañá por Santiago non son liberados a soldo nen agardan selo. Os 4 gatos q irán ós 4 actos unitarios da marea teñen cargo e soldo do partido a metade ou máis. E se iso non che abre os ollos Lemés. Se só miras ós votiños e non á xente q loita polo q cré agardo q pronto teñas ti tamen un carguiño e q che preste...