Concelleira denuncia abusos sexuais por parte de ex-alcalde

Luís Angueira (BNG), ex-edil en Pontecesures, acusado pola súa sobriña, Hadriana Ordóñez, concelleira da mesma fronte en Rianxo.

Por Galicia Confidencial | Pontecesures | 26/07/2017 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

Hadriana Ordóñez, psicóloga sanitaria e sexóloga, denunciou nos xulgados de Padrón a Luís Álvarez Angueira. Segundo informa Antonio P. Fidalgo en El Correo Gallego, a muller asegura que o seu tío abusou sexualmente dela de xeito reiterado cando tiña entre 11 e 16 anos.

Hadriana Ordoñez Otero nunha imaxe das súas redes sociais
Hadriana Ordoñez Otero nunha imaxe das súas redes sociais

A acusadora confirmou nas redes sociais a existencia da denuncia:

O acusado, profesor de instituto de Filosofía en Noia, non respondeu polo de agora a esta acusación pública. Álvarez Angueira foi acalde da citada vila en varias lexislatura, a última rematada en 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta