SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2017 | Actualizada ás 11:27 por EUROPA PRESS
Unha muller resultou ferida de gravidade ao producirse a explosión dunha bombona nunha casa de Redondela (Pontevedra). A Policía Científica traballa en esclarecer se a explosión foi accidental ou provocada.
O suceso produciuse pasadas as 21.00 horas do pasado sábado nunha casa situada na parroquia de Vilar de Infesta, no Camiño Fonte da Lata. A explosión causou un incendio que destruíu por completo o inmoble.
Tras desprazarse ao lugar, Urxencias Sanitarias 061 trasladou á muller, con prognóstico grave, á unidade de queimados do hospital Povisa de Vigo. Segundo sinala o 112 Galicia, no interior do inmoble había dúas bombonas, das cales una foi manipulada.
A central de emerxencias recibiu un aviso ao redor das 21,00 horas da noite do sábado na que uns veciños alertaban dunha explosión e de que había un incendio nunha das casas de Vilar de Infesta.
Acto seguido, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do ocorrido a 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, á Policía Nacional, á Policía Local e a Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.