A ultradereita prepara denuncias contra os mestres que desafíen o "decretazo"

Galicia Bilingüe, que muta para buscar novo financiamento, e a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística preparan unha ofensiva contra os mestres que falen galego nas aulas fixadas en castelán.

Por Walter Burns | O Irixo | 09/09/2010 | Actualizada ás 02:45

Comparte esta noticia

Os colectivos contrarios á normalización do galego preparan unha ofensiva xurídica contra os profesores que, malia o chamado polo Goberno 'decreto do plurilingüismo' e 'decretazo' pola oposición, impartan as súas clases no idioma propio cando a nova norma fixe que se deben dar en castelán.

None

Un novo actor nesta polémica é a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística (ANLL). Este colectivo, con actividade até o de agora sobre todo no Levante español, ameaza con “levar aos tribunais” a quen “non repecte as horas do castelán”. O seu presidente Pablo Yañez critica por “insuficiente” o "decreto do Plurilingüismo" aprobado pola Xunta do PPdeG, que reduce o mínimo de horas en galego.

Yañez cualifica de “ameazas” as informacións da CIG ensino, que apuntaba que a Xunta non pode sancionar aos mestres que usen o galego en horas fixadas en castelán. Louzao "fala de guerra e cruzadas dende a ameaza totalitaria que marcou a etapa lingüística do bipartito", sinala esta persoa. Polas súas declaracións nesta entrevista con César Vidal, Yañez está próximo ao nacionalismo español de ultradereita:

A Fundación Galicia Bilingüe contra "el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza"

Con todo, Galicia Bilingüe será sen dúbida o colectivo contrario a normalización máis activo na fiscalización dos profesores. A asociación que preside Gloria Lago organizou a súa terceira asemblea a finais de agosto.

“Haremos un seguimiento de la aplicación del nuevo Decreto” e "lucharemos contra el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza” foron dúas das súas conclusións.

Así e todo, a maior sorpresa da asemblea de Galicia Bilingüe é o anuncio da constitución dunha fundación.

“Para poder darle una nueva dimensión a nuestra labor, en la tercera asamblea de Galicia Bilingüe hemos propuesto, y así ha sido aprobada, la solicitud del reconocimiento de Galicia Bilingüe como entidad de utilidad pública y el permiso para la utilización del nombre de nuestra asociación para la futura creación de una fundación, si ello fuera conveniente”, proclama Gloria Lago.

Cómpre ter en conta que as relacións entre Lago e o PPdeG non atravesan o seu mellor momento. Os conservadores utilizaron a GB para derrubar o bipartito, pero agora ven no seu antigo 'matrimonio' con Lago como unha amizade perigosa, que a oposición pode utilizar para arrebatarlle apoios, sobre todo no rural nas vindeiras eleccións municipais.

Por iso é probábel que a billa das subvencións a GB dende as administracións públicas que controla o PP, por exemplo a Deputación de Pontevedra, diminúa. Isto obrigaría a Lago a buscar novas vías de financiamento a través dunha fundación que financie a súa destacada presencia nos medios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 254 comentarios

18 liberio

Un, dous,tres, catro, cinco, seis, sete, oito , nove, dez. Estas dez palabras estan absolutamente PROHIBIDAS en tódalas escolas de Galicia para todos os nenos galegos para o curso 2010-2011. Son números en galego, moi perigosos, teñan coidado, prohibido contar en galego, prohibido sumar en galego, prohibida a tabla de multiplicar en galego. É iso liberdade?.

17 liberio

GB se denuncia a un profesor por dar unha clase en galego na vez de dala en castelán entón está a favor da imposición por medio dunha lei dunha língua. Está a favor da imposición do castelán e en contra da liberdade individual dese profesor. Gustaríame tamén saber a opinión de GB da absoluta prohibición de usar unha língua para ensinar matemáticas e outras materias de ciencias. É iso liberdade?, xa non son os políticos os que dictan a língua na que se da a clase?, porqué o meu fillo non pode aprender a sumar en galego?. Recoñezan que este decreto, señores de GB, é un desastre.

16 TROSKI

A TODOS OS PORCOS LLES CHEGA O SEU SAN MARTIÑO

1 Ferni

¿Lo dices por tí? Porque a tu tocayo bien que le llegó a manos del matarife que mandó Stalín. Pobre Trotsky. Al final le clavaron un piolet en la cabeza.

15 Lis 4

En resumo, uns farsantes que fan política anti determinadas opcións para defender outras e que en ningún momento pensan nin na convivencia nin en construír unha galicia máis culta e moderna, nunca pensaron nin pensarán no alumnado, auténtico sufridor deste decreto. Uns vividores que organizaron unhas xornadas nada plurais (e cunha asistencia ridíicula) que pagou Louzán cos cartos de todos. Uns pretenciosos que din que os argumentos dos defensores do galego son ridículos e logo mandan ao seu vicepresidente á TVG a falar de Crimea (co cachondeo e sorpresa dos asistentes) ou que fica calado cando Blanco-Valdés, até hai pouco gurú, lle enmenda a plana co tema das votacións en infantil.

14 Lis 3

- Di Gloria Lake: "En infantil, aínda que só sexa no primeiro curso e de xeito limitado, pódese elixir o idioma no ensino". Non, meus amigos bífidos, non: en infantil elimínase o pouco galego que había e imponse un grupo de pais sobre a decicións doutros incluíndo por primeira vez unha visión excluínte das linguas oficiais. Eles parten desta visión extremista do conflito lingüístico, por iso están contentos (algo) co decreto. - E "Non se chegou a aprobar a Lei de comercio, que extendía a imposición lingüística ao eido privado": diso nada, monada. Gloria, a lei do comercio dicía que o galego tamén debía estar presente na rotulación, etiquetaxe... en menoscabo doutras linguas. Pola contra, hai máis dun cento de normas que impoñen o castelán nas máis variadas actividades cotiás, máis de 100 no ámbito comercial e empresarial.

1 Lis

Puntualizo: a Plataforma per la Llengua recolle no seu web medio milleiro de regras que impoñen o castelán en diferentes actividades cotiás, máis de 100 no ámbito do que se falaba.