A ultradereita prepara denuncias contra os mestres que desafíen o "decretazo"

Galicia Bilingüe, que muta para buscar novo financiamento, e a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística preparan unha ofensiva contra os mestres que falen galego nas aulas fixadas en castelán.

Por Walter Burns | O Irixo | 09/09/2010 | Actualizada ás 02:45

Comparte esta noticia

Os colectivos contrarios á normalización do galego preparan unha ofensiva xurídica contra os profesores que, malia o chamado polo Goberno 'decreto do plurilingüismo' e 'decretazo' pola oposición, impartan as súas clases no idioma propio cando a nova norma fixe que se deben dar en castelán.

None

Un novo actor nesta polémica é a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística (ANLL). Este colectivo, con actividade até o de agora sobre todo no Levante español, ameaza con “levar aos tribunais” a quen “non repecte as horas do castelán”. O seu presidente Pablo Yañez critica por “insuficiente” o "decreto do Plurilingüismo" aprobado pola Xunta do PPdeG, que reduce o mínimo de horas en galego.

Yañez cualifica de “ameazas” as informacións da CIG ensino, que apuntaba que a Xunta non pode sancionar aos mestres que usen o galego en horas fixadas en castelán. Louzao "fala de guerra e cruzadas dende a ameaza totalitaria que marcou a etapa lingüística do bipartito", sinala esta persoa. Polas súas declaracións nesta entrevista con César Vidal, Yañez está próximo ao nacionalismo español de ultradereita:

A Fundación Galicia Bilingüe contra "el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza"

Con todo, Galicia Bilingüe será sen dúbida o colectivo contrario a normalización máis activo na fiscalización dos profesores. A asociación que preside Gloria Lago organizou a súa terceira asemblea a finais de agosto.

“Haremos un seguimiento de la aplicación del nuevo Decreto” e "lucharemos contra el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza” foron dúas das súas conclusións.

Así e todo, a maior sorpresa da asemblea de Galicia Bilingüe é o anuncio da constitución dunha fundación.

“Para poder darle una nueva dimensión a nuestra labor, en la tercera asamblea de Galicia Bilingüe hemos propuesto, y así ha sido aprobada, la solicitud del reconocimiento de Galicia Bilingüe como entidad de utilidad pública y el permiso para la utilización del nombre de nuestra asociación para la futura creación de una fundación, si ello fuera conveniente”, proclama Gloria Lago.

Cómpre ter en conta que as relacións entre Lago e o PPdeG non atravesan o seu mellor momento. Os conservadores utilizaron a GB para derrubar o bipartito, pero agora ven no seu antigo 'matrimonio' con Lago como unha amizade perigosa, que a oposición pode utilizar para arrebatarlle apoios, sobre todo no rural nas vindeiras eleccións municipais.

Por iso é probábel que a billa das subvencións a GB dende as administracións públicas que controla o PP, por exemplo a Deputación de Pontevedra, diminúa. Isto obrigaría a Lago a buscar novas vías de financiamento a través dunha fundación que financie a súa destacada presencia nos medios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 254 comentarios

13 Lis 2

- É imposíbel que distribuíran 200.000 folletos entre pais de primaria porque hai 200.000 nenos matriculados en Infantil e Primaria en conxunto. Tamén resulta esaxerado incluso se se referisen a 200.000 proxenitores de 100.000 parellas, se obviamos as familias monoparentais, nais solteiras, viúvos e viúvas e demais casos (eles deben pensar na family tradicional). - Nese texto dise que "nunca houbo norma algunha, con cobertura legal, que o prohibise" en referencia á suposta obriga dos alumnos a non poder expresarse en castelán. Claro, é que nunca ocorreu iso, pero eles durante meses dicían que si, que había imposición, que os nenos tiñan prohibido expresarse en castelán...: demostran que a súa argumentación estaba baseada en infundios.

12 Lis

Se coge antes a un mentiroso... O texto ese de Gloria Lago, logo da súa magna terceira asemblea "regional" (á que acudiron ben poucas persoas) está inzado de verdadeiras esaxeracións e falacias, algunhas reveladoras da maneira de actuar desta xente. Nunha simple lectura por riba (é imposíbel entrar a fondo nun texto tan vacuo) vemos cousas como: - Enviarían 28 notas de prensa no último ano pero os medios escritos galegos non recolleron nin a metade e nin seuqrea co mesmo despregue que lles daban antes a este colectivo. En resumo: o PP xa non os quere oficalmente e os medios do PP, todos comezando por La Voz e El Correo) seguen a liña oficial unha vez tumbado o bipartito, verdadeiro clave da acción de GB.

11 rosa

É estrano, durante anos centos de mestres deron as súas clases en castelán (refírome a tódalas clases) en ninguén dixo nada....

10 Opinante

E se eu for de ultradireita e independentista galego? O titular é errado, deveria ser "Nacionalistas españois prepara denuncias contra os mestres que desafíen o "decretazo" Com o essencialismo de esquerda, assim lhe vai ao nacionalismo galego.

1 independentista

concordo, pódese ser de dereitas e independentista galego, ainda que somos tan poucos que nin nos coñecemos entre nós, e clara tampouco nos cremos o deses que de cando en cando aparecen falando de que eles son a dereita galeguista, serán dereita non llo nego, agora galeguista...

9 Juan

¿Que narices tiene que ver la "ultradereita" con Galicia Bilingüe?¿No teneis más argumentos que la descalificación y la etiqueta al que discrepa de vuestras paranoias? Que tendenciosos sois. Como se ve el plumero.

1 Perillán

pois logo non sei que facian os da falanxe e outros grupúsculos de ultradereita na vosa manifa/pantomima en Santiago...

2 Rayleigh

A quien se le va a ver el plumero va a ser a vosotros, por que el Decreto fija unas asignaturas en castellano y OTRAS en gallego. En primer lugar, esto va en contra de lo que llevais años diciendo de que una lengua no se puede fijar por decreto y ahora usais este mismo decreto. Y en segundo lugar, habrá profesores que teniendo que usar el castellano, usan el gallego...Dime juanito. Que hareis con los que den en castellano las asignaturas que tienen que darse en gallego? También los perseguireis? Sois unos totalitarios!

3 Ferni

¿Fuiste a la manifestación? Yo si fui y no ví a ningún grupúsculo "de ultradereita". No se, a lo mejor te confundes con la que hubo hace unos meses a favor de la imposición del gallego, donde había hasta miembros de grupos terroristas que quemaron banderas españolas y provocaron todo tipo de incidentes.

4 Eue

A Falange Española, grupúsculo de ultradireita? NooooOO.A diferença é que uns queimamos bandeiras (trapos) e outros queimades povos e pessoas.

5 anonimo

Haceis ambas cosas muy bien. Quemais banderas, pegais tiros en la nuca y poneis bombas, sois polivalente.

6 Vitor

O anónimo anterior é un exemplo evidente da politización que grupos como Galicia Bilingüe fai da cuestión lingüística. Para eles a defensa do galego é queimar bandeiras, poñer bombas e pegar tiros. Non é nada novo: xa dixo a AVT no seu comunicado do apoio á manifestación de Galicia Bilingüe que o es que defendían o galego son os que defenden os terroristas. Con esta xente non s epode falar, non cren na democracia.

7 anonimo

En realidad los hechos son como son, por tristes que resulten. Grupos terroristas acuden a las manifestaciones a favor de la imposición del gallego, atacan y amenazan de muerte a los cargos de Galicia Bilingüe, pintando dianas sobres sus nombres, intentan boicotear sus actos y tienen conexiones evidentes y probadas con grupos terroristas condenados internacionalmente como ETA. ¿Hace falta reproducir aquí los videos que grupos como AMI crearon para incitar a lanzar bombas en los actos de GB? Lo cual no quiere decir, ni muchísimo menos, que todos los que defienden la imposición del gallego pertenezcan a dichos grupos. Pero como dijo Arzallus, unos agitan y el árbol y otros recogen las nueces. Vaya que si.

8 Rayleigh

Vaya anónimo..Terminas tu argumentación mencionando y demostrando tu acuerdo con las palabras que tú mismo desprecias...Imposición del gallego? Cuando ocurrió eso? Sólo sabeis decir eso. No dais razones, ni motivos ni nada de nada. Sois como autómatas..Y según tú los que defienden el poder conocer el gallego contra la imposición (probadísima del castellano) son terroristas..Me puedes decir cuantos fueron detenidos? Acusados? Donde están las pruebas? No me lo digas...es una conjura judeo-masónica-bloquera que tienen infiltrados a agentes en la cúpula de la policia y Guardia Civil, no?? Yo creo que los OVNIS también vienen para abduciros. Vuestra desgracia es que lo único que teneis, son pintadas contra vosotros. Unha imbecilidad de quien las hizo, pero poco más. Eso es lo que os duele, puesto que no da para haceros los mártires.

9 Manda carallo

anónimo, desde luego que sí, que agitan el árbol, sobre todo aquellos de GB y sus seguidores peperos que colocan en cargos como Director Xeral a un candidato de la Falange, con un pasado terrorista innegable... o cuentan con el apoyo de presuntos historiadores como Pio Moa, otro ex-terrorista, pero no hay peor ciego que el que no quiere ver. Si ahora los que están a favor de aulas en gallego son terroristas, apaga y vámonos, criaturita (y te lo dice uno que no es nacionalista)