A ultradereita prepara denuncias contra os mestres que desafíen o "decretazo"

Galicia Bilingüe, que muta para buscar novo financiamento, e a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística preparan unha ofensiva contra os mestres que falen galego nas aulas fixadas en castelán.

Por Walter Burns | O Irixo | 09/09/2010 | Actualizada ás 02:45

Comparte esta noticia

Os colectivos contrarios á normalización do galego preparan unha ofensiva xurídica contra os profesores que, malia o chamado polo Goberno 'decreto do plurilingüismo' e 'decretazo' pola oposición, impartan as súas clases no idioma propio cando a nova norma fixe que se deben dar en castelán.

None

Un novo actor nesta polémica é a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística (ANLL). Este colectivo, con actividade até o de agora sobre todo no Levante español, ameaza con “levar aos tribunais” a quen “non repecte as horas do castelán”. O seu presidente Pablo Yañez critica por “insuficiente” o "decreto do Plurilingüismo" aprobado pola Xunta do PPdeG, que reduce o mínimo de horas en galego.

Yañez cualifica de “ameazas” as informacións da CIG ensino, que apuntaba que a Xunta non pode sancionar aos mestres que usen o galego en horas fixadas en castelán. Louzao "fala de guerra e cruzadas dende a ameaza totalitaria que marcou a etapa lingüística do bipartito", sinala esta persoa. Polas súas declaracións nesta entrevista con César Vidal, Yañez está próximo ao nacionalismo español de ultradereita:

A Fundación Galicia Bilingüe contra "el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza"

Con todo, Galicia Bilingüe será sen dúbida o colectivo contrario a normalización máis activo na fiscalización dos profesores. A asociación que preside Gloria Lago organizou a súa terceira asemblea a finais de agosto.

“Haremos un seguimiento de la aplicación del nuevo Decreto” e "lucharemos contra el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza” foron dúas das súas conclusións.

Así e todo, a maior sorpresa da asemblea de Galicia Bilingüe é o anuncio da constitución dunha fundación.

“Para poder darle una nueva dimensión a nuestra labor, en la tercera asamblea de Galicia Bilingüe hemos propuesto, y así ha sido aprobada, la solicitud del reconocimiento de Galicia Bilingüe como entidad de utilidad pública y el permiso para la utilización del nombre de nuestra asociación para la futura creación de una fundación, si ello fuera conveniente”, proclama Gloria Lago.

Cómpre ter en conta que as relacións entre Lago e o PPdeG non atravesan o seu mellor momento. Os conservadores utilizaron a GB para derrubar o bipartito, pero agora ven no seu antigo 'matrimonio' con Lago como unha amizade perigosa, que a oposición pode utilizar para arrebatarlle apoios, sobre todo no rural nas vindeiras eleccións municipais.

Por iso é probábel que a billa das subvencións a GB dende as administracións públicas que controla o PP, por exemplo a Deputación de Pontevedra, diminúa. Isto obrigaría a Lago a buscar novas vías de financiamento a través dunha fundación que financie a súa destacada presencia nos medios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 254 comentarios

8 mestra galega

Os de GB son para darlle de comer a parte, pois que vaian preparando a miña denuncia e asi de paso teño a oportunidade de decirlle o que penso diante dun xuíz para que conste en acta. Pero que se cren.

1 Ferni

Se ve que la ley no va contigo. Pues nada oye, los delincuentes ya sabemos donde tienen que estar.

2 Enfin

Yo personalmente conozco gente que daba las asignatura de matemáticas en castellano, y nunca vi una queja ni una amenaza de los nacionalistas, cosa que ahora si veo en estas declaraciones, como ves hai delincuentes, como tu los llamas, en las dos partes. Ahora me doy cuenta de quienes quieren imponer las cosas y no son precisamente los del BNG.

3 anonimo

Pues entonces será que no lees ni a la que tienes delante, que siendo "mestra galega" ya dice bien claro que no va a cumplir la ley.

4 Rayleigh

Ahhh..es que esta ley es la buena? Quien lo dijo? El espiritu santo cuando se posó sobre la cabeza de Glory? Me acuerdo de hace dos años, cuando pedíais la desobediencia civil contra otra ley. Sois unos sectarios que no os aguantais...por cierto, esta ley que según GB hay que cumplir, también dice que unas asignaturas tienen que darse en gallego...Si las dan en castellano, GB irá también a por esos "terroristas", no? Debería ser así, puesto que vais a represaliar profesores basándose en ese decreto. Si no lo haceis, quedareis como lo que sois. Unos sectarios. Y si lo haceis, quedareis como el brazo armado del PP. Que dilema!!

5 Manda carallo

o sea, anónimo, que Gloria Lago y su marido (entre otros muchos, soy profesor de instituto y sé de lo que hablo) se niegan a dar una clase en gallego, reclamando "libertá" y hacen bien, y la "mestra galega" por lo mismo es una delincuente (o terrorista, otra palabra a la que le tenéis mucho cariño el facherío)... manda carallo

7 cabreado

O que deberiamos é respostar igual... denunciar a aqueles profesores, directores, inspectores que inclumplan o decreto. Pois do contrario parecerá que só incumplen o decreto os que defenden o galego, cando foi tradicionalmente o contrario!! Devolvámoslles coa mesma moeda! Ou pasará como nas eleccións onde a esquerda non lle respondeu á dereita e así nos foi...

1 gavioteiro

Non creo que sexa un bo camiño, son eles os que van denunciar compañeiros cando nunca aconteceu o contrario, a pesar do xeralizado incumprimento dos decretos do 95 e do 2007. En todo caso, dígoo en maiúsculas para que comecemos a falar doutra forma: os docentes que sigan impartindo as materias afectadas polo decreto(ou outras que se teñan que dar en castelán logo do reparto) NON SON INSUBMISOS, SON LEGALISTAS pois respectan leis de rango maior que o decreto (LNL, Estatuto, Constitución, Carta Europea e LOE). Os INSUBMISOS son os gobernantes da Xunta.

6 Porco Johns

Eses vil-ingües son unha vergoña para a especie humana. Que o merda do Frijol se deixe mangonear polos miserables eses é o máximo. Insubmisión ante a imposición! A por eles mestres!

5 zambiano

xa andan os "vilingües" (viperinos) enredando...que nocxo dan

4 trasno

o único positivo é que o castelán vai quedar asociado pra sempre á extrema direita, á Falanxe e ao facherío.

1 os arquivos

ah claro, porque os que falan castelán son uns fachas e da falanxe, a que sí? e son todos de GB, claro, ou votan ao PP... joder, algúns tedes cabeza para poder levar gorra

2 Rayleigh

Non é iso, arquivos. Da mesma maneira que os que falan galego non son uns monstruos comenenos, os que falan castelán non son uns fachas. O que quere dicir Trasno (entendo eu) que estes, GB e ANLL, o ser grupos ultradereitistas e antidemócratas e avogan pola exclusividade do castelán, vai facer que a xente identifique este idioma con estes grupos. Hai amores que matan.

3 trasno

exacto, é o que quixen decir. E digo máis: leveime unha grata sorpresa estes días, que me deu por entrar en blogues do PP, a cantidade de votantes do PP que apoian o galego e rexeitan a GB e máis a UPD.

4 trasto

Coño, pero igual falan castelán os de EU e galego os do PP ourensán que logo lexislan o que lexislan e votan o que votan no hórreo... as ideas son de dereitas, de esquerdas ou mediopensinistas, as linguas non...

5 trasno

ideoloxizar e politizar a lingua galega foi a grande ocurrencia de Feijoo pra chegar ao poder e vos tragades con iso, lumbreiras que sodes. O debate é oportunista e FALSO.

6 trasgo

xa, pra listo estás tí e os qque son coma tí

7 trasno

listo non sei, pero "parvo útil" dende logo que non son.

8 Opinante

Pois a mim non me parece positivo associar o castelan à direita nem sequer à ultradireita. A gente pode ser de direta e independentista galega. De fato esse é um dos caminhos. Castelan=Nacionalismo espanhol, ponto final.