A división sindical pode frear a folga nos aeroportos galegos

Dous sindicatos rexeitan a convocatoria de folga nos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela, lanzada pola UXT para "facer campaña publicitaria" aproveitando o conflito en El Prat. O ministro di que é a Xunta a competente para negociar neste caso.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/08/2017 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

CCOO e USO, a través dun comunicado, din que rexeitan a convocatoria de folga do persoal de seguridade nos aeroportos da Coruña e Santiago de Compostela, anunciada en solitario por UGT. OS sindicatos critican que "se convoque de costas aos traballadores e traballadoras "e lamentan que a UGT pretenda «facer campaña publicitaria» a conta da folga deste mesmo colectivo no aeroporto de Barcelona.

Pasaxeiros Realizan O Control De Seguridade En Lavacolla
Pasaxeiros Realizan O Control De Seguridade En Lavacolla

 

O Ministerio de Fomento anunciou hoxe que a Guardia Civil aumentará a súa presencia en El Prat. Íñigo de la Serna busca así frear o paro dos traballadores de seguridade, que será indefinido para a próxima semana. 

 

Asumirá o Estado tamén medidas similares no caso galego? O mandatario do PP desbotouno polo de agora. O ministro declarou que é a Xunta a competente en intermediar, cando menos polo de agora. 

 

Comisións e USO din seccións sindicais das organizacións que neste momento compoñen a representación legal do persoal estaban a preparar as reclamacións das traballadoras e traballadores, co obxectivo de trasladarllas á patronal e iniciar as negociacións.

 

Por esta razón, rexeitan a convocatoria de folga antes mesmo de que inicien as negociacións. Non descartan, con todo, que se chegue a convocar no caso de que non fructifiquen, pero antes deben comezar.

 

Por último, CCOO e USO afirman apoiar «totalmente» as reivindicacións do persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta