Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2017 | Actualizada ás 20:01
Nun comunicado remitido aos medios este mércores a través dos servizos do Concello de Lalín, o concelleiro expresou de forma "tallante e categórica" a súa inocencia con respecto aos feitos que se lle "pretenden atribuír" e destaca que toma a "difícil, dolorosa e inxusta" decisión de deixar o cargo por "responsabilidade e coherencia co ideario político" que defende.
Neste sentido, asegura que a pesar de que "o obxecto desta denuncia non garda ningún tipo de relación coa súa xestión pública ou coa súa actividade política", toma a decisión para impedir que "se utilicen as acusacións sen fundamento" para "prexudicar ao goberno de Lalín".
Así mesmo, tamén o fai para "poder traballar sen interferencias de ningún tipo e, con todas as garantías, na defensa da súa inocencia e honorabilidade" que ve "menoscabada de forma inaceptable por mor destes feitos".
"E talvez o máis importante, no plano persoal, librarme ao meu mesmo e sobre todo á miña familia dunha presión social e mediática absolutamente inasumible e inmerecida", indica.
Ademais, fixo un chamamento a que se respecte a súa presunción de inocencia, así como "a súa vida privada e a da súa familia" ante unha "situación kafkiana" na que ten a "conciencia absolutamente limpa e tranquila".
José Manuel Hermida, que fará efectiva a súa renuncia no pleno ordinario do mes de agosto, finalizou o comunicado mostrando o seu "máis enérxica e rotunda condena" a "calquera tipo de violencia machista ou conduta sexista".
Fontes consultadas por Europa Press confirmaron de que as forzas da orde abriron unha investigación para esclarecer os feitos tras recibir unha denuncia por suposto abuso sexual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.