Unha resposta a Nazanín Amirian

Nazanín Amirain, columnista do xornal Público adicou, fai unhas semanas, o seu artigo ás ONGD, “Onges: mercaderes de la caridad”. Unha vez leído o título xa sabíamos o que podíamos agardar nas liñas que o seguían.

Por Emilio Martinez | Vigo | 25/09/2010

Comparte esta noticia

Pero a sorpresa sempre é posible. Da lectura da columna o que aprendimos é que escribir nun xornal serio non convirte en serios os argumentos que encontran oco nas súas páxinas. No caso que nos ocupa as ideas expostas son, digámolo sen medias tintas, un cúmulo de simplezas. Si alguén quere leer críticas a ONGD pode mellor ocupar o tempo con algún dos libros do profesor Carlos Gómez Gil que analiza, desde unha perspectiva de esquerdas, con rigor, e certas doses de vehemencia, o traballo destas organización, as suas luces e as súas sombras.

Resumindo o artigo de Público, a autora culpa nel as ONGD do Sur de “despolitizar as reivindicacións populares”, “narcotizar o espíritu crítico”, humillar ás clases populares coa esmola dos pudintes. As ONGD  do Norte son despachadas pola vía rápida adxetivandoas de “sensacionalistas”, “manipuladoras”, “despilfarradoras”…

As acusacións son grosas e os argumentos case inexistentes. Si algo caracteriza ás ONGD é a sua heteroxeneidade. Meter no mesmo saco a todas elas é inmoral, inxusto e faltar á verdade.

Existen organizacións que non deberán ser calificadas como ONGD polo tipo de proxectos que realizan.  Existen organizacións que non se cuestionan o orden social que produce a pobreza e practican a caridade; organizacións que nas súas campañas fan un uso condenable de imaxes que degradan aos habitantes deso que vimos chamando “Sur”, “Terceiro Mundo”, ou “Paises en Vías de Desenvolvemento”. Cada un de nos seguro que poderiamos dar algún exemplo, por citar casos moi chamativos, Intervida, que foi a maior ONGD por volumen de fondos de orixen privado xestionados, con mais de 300.000 socios e socias, e hoxe baixo tutela xudicial, ou ANESVAD, tamén intervida hoxe en día xudicialmente e que usaba e abusaba de imaxes tremendistas. Intervida nunca chegou a formar parte da Coordinadora de ONGD-España e ANESVAD retirouse da mesma antes de ser expulsada.

As ONGD teñense dotado, de xeito voluntario, de códigos de conducta, con respecto ao seu traballo, con respecto a como se proxecta a imaxen do Sur nas nosas sociedades, e se demostra un grao de madurez moi importante. O respecto a eses códigos tal vez sexa hoxe en día unha das mais importantes liñas divisorias entre unhas e outras ONGDs.

Na realidade existen moitas ONGD que se cuestionan o orden económico e social que rixen os nosos destinos, no Norte e no Sur. Tal vez por eso unha das autoras mais representativas das corrientes alterglobalizadoras, Susan George, vicepresidenta de ATTAC, é editada en España por Intermón Oxfam, que xunto a outras ONGD de países como Holanda, Reino Unido, Estados Unidos, forma a rede de cooperación ao desenvolvemento de carácter progresista mais importante a nivel mundial. Existen moitas ONGD, no Sur e no Norte, que o seu traballo é un exemplo de compromiso social e de compromiso político: Entrepueblos, ACSUR-Las Segovias, Veterinarios Sen Fronteiras, por citar algunas españolas, pero onde podíamos incluir ONGD galegas como Amarante ou Implicadas no Desenvolvemento. E que podemos decir das organización do Sur?. Decir que organizacións como o MCCH, Maquita, en Ecuador, unha das grandes escolas de líderes e “lideresas” sociais, impulsora dunha das maiores redes de cooperativas agrarias en América do Sur, fundadora da Rede Latinoamericana de Comercio Comunitario “narcotiza” o espíritu crítico é simplemente unha burda mentira. E podíamos falar de ONGD indias que combaten o ainda persistente sistema de castas, o infanticidio de nenas… de verdade un, ou unha, pode quedar coa conciencia tranquila logo de escribir un artigo no que se arrasa con todo ese traballo, e se desacredita, con furia e sen fundamento, o traballo de centos de miles de activistas?.

Non serei eu o que diga que as ONGD todo o fan ben, nen serei eu nen son elas mesmas. Nunca escoitei a ninguén de ningunha ONGD con certa experiencia falar das propias organización non gubernamentais como un “eficaz mecanismo para acabar con el subdesarrollo”. As ONGD saben das súas limitacións, saben que o desenvolvemento é froito de multiples factores, tanto internos ao país como relativos á economía global na que todos estamos. As ONGD saben da importancia de fortalecer institucións nacionais fortes, que sexan capaces de crear as condicións necesarias para que os distintos esforzos, as distintas aportacións (de entidades sociais, de organismos intternacionais, do empresariado local…) frutifique. As ONGDs non prometen milagros, contribuen na medida da súas posibilidades a erradicar a pobreza, son, nen mais nen menos, que compañeiras na esperanza dos que pouco teñen e dos que nada contan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.