Artigos de Emilio Martinez

Esa esquerda caladiña e cómplice

No verán do 2001 ou 2002, non lembro ben, pasei, xunto cun bo amigo, un mes en Ecuador. Percorremos boa parte do país coñecendo de primeira man proxectos de organizacións ecuatorianas que recibían o apoio de ONGs galegas. Unha das zonas ata a que nos achegamos foi Esmeraldas.

Errar é tan humano

Na miña casa sempre fomos moito de refráns e de ditos. Lémbrome dalgunhas tardes que quedaba coa miña aboa e lle pedía que me dixera refráns, que eu ía apuntando nunha libreta.

Armas para Putin

Hai uns días Xoán Hermida publicaba no dixital Infolibre.org un interesante artigo, “20 años del nacemento de la Ciudadania Global” no que analizaba o devir do movimento pacifista dende as mobilizacións multitudinarias contra a guerra de Irak ata a nula mobilización social contra a agresión imperialista rusa contra Ucraína. É sen dúbida unha reflexión acertada, que axuda a comprender o silencio cómplice, nun casos, moitos casos, de boa parte da esquerda.

Divide

Unha das materias que cursei en quinto de carreira foi a que chamábamos, por abreviar, “Teoría do Valor”. Era unha materia só apta para aqueles interesados na economía como reflexión, pouco que ver con outras de maior contido práctico e que no que se refire a número de matriculados gañaban por goleada.

Eu tamén quero pedir

Dez meses, máis ou menos trescentos días coas súas trescentas noites. Son os meses, os días, que nos separan das eleccións municipais, o vindeiro maio de 2023. Non é moito tempo. Dentro dunhas semanas, cando logo do parón veraniego o mundo recobre toda a súa vida, os días comenzarán a pasar á velocidade do raio: en nada estamos en Nadal e logo en Semana Santa.

Aprender da historia

Vai para un par de meses que Xosé Manuel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, asinaba un interesante artigo en El País: “Leccións da Guerra de Inverno de 1939”, no que describía os paralelismos entre a actual situación en Ucraína: a súa valente defensa ante un inimigo moito maior, e a formidable defensa do exército finlandés ante o exército imperialista soviético.

Enmendando a Chomsky

Non son poucos os referentes intelectuais cos que conta a esquerda, o pensamento de esquerdas. Noam Chomsky sen dúbida é un deles. Aos seus mais de 90 anos sigue na loita, reflexionado sobre a realidade, aportando a súa capacidade de análise e crítica, pescudando alternativas. A finais dos 80 lin “A quinta liberdade”, un libro que marcou a miña forma de ver a política internacional. No seu momento cualifiqueino de imprescindible, e penso que hoxe o seguiría facendo, igual que outro libro “As venas aberta de América Latina”, de Eduardo Galeano, de lectura obrigada si un quere coñecer as raíces da realidade actual latinoamericana.

Zvastica

“Loitaremos nas praias, loitaremos nas pistas de aterraxe, loitaremos nos campos e nas rúas, loitaremos nos montes, nunca nos rendiremos!”. Son frases que forman parte dun dos tres discursos que Winston Churchill pronunciou ante a Cámara dos Comúns, entre maio e xuño de 1940, durante a denominada “Guerra de Francia”. As verbas que reproduzo foron pronunciadas o 4 de xuño. Un par de días antes concluíra a Operación Dinamo, coa que se lograra evacuar a mais de 300.000 soldados franceses, británicos e belgas das praias de Dunkerque. O exército nazi campaba ás súas anchas por boa parte de Europa Occidental. Reino Unido mantíñase en pé fronte ao inimigo. O título que se lle deu ao primeiro dos discursos de Churchill, o do 13 de maio, quedaría moi curto ante todo o que o se aveciñaba: “Sangue, esforzo, bagoas e suor”. Estábamos as portas da que se chamou a “Batalla de Inglaterra”.
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recuros Humanos, a Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é vicexerente para o campus de Lugo, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.