Temas: CORISTANCO

O alcalde de Coristanco pídelle a PPdeG e PSdeG que aclaren se haberá ou non moción

Amancio Lavandeira, de TeGa, dixo que dirixentes socialistas provinciais garantizaronlle que non apoiarán esa iniciativa e que barallan expulsar ao edil díscolo do partido se non rectifica.

Por Galicia Confidencial | Coristanco | 22/08/2017 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A moción de censura en Coristanco segue aínda no aire. A pesar de que a dirección socialista se posicionou en contra desta iniciativa, o único edil socialista no concello, Abraham Gerpe, recoñeceu que a cousa está na mesma situación. “Terá que decidir a militancia local, que foron os que mandaron facela”, indicou este luns.

Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), alcalde de Coristanco, con outros integrantes do seu partido
Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), alcalde de Coristanco, con outros integrantes do seu partido | Fonte: QPC

Por iso, o actual alcalde, Amancio Lavandeira, de Terra Galega (TeGa), pedíu tamén este luns que se aclare “dunha vez” a situación. “Para min é escandaloso que o PP siga sen dicir nada. Como explican ante a súa militancia o interese de que 6 concelleiros do PP entreguen a alcaldía a un só edil do PSOE?”, pregúntase Lavandeira que indicou que “a moción se fixo de costas á organización do PP, que se enterou pola prensa”.

O propio alcalde recoñeceu  que  dirirxentes do PSdeG  provincial garantizaronlle que van instar a Abraham Gerpe a que retire a moción. “Do contrario emitirán un novo comunicado, deixándoo fóra do PsdG, dixéronme”. Deste xeito, sería imposible a moción, tendo en conta a nova lei de partidos. 

Lavandeira criticou os argumentos dados pola oposición que esgrimiu unha “situación de parálise e desgoberno” de Coristanco para apoiar esta moción e dixo que “é unha aprezación falsa”, mentres sacou peito polos datos económicos municipais. 

Temas: CORISTANCO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta