Temas: FILOSOFíA

Profesores entregan firmas no Parlamento a prol da Filosofía

A exdeputada do BNG e profesora do IES Politécnico de Vigo, Carme Adán, xunto a outros profesores e profesoras de diversos centros educativos galegos, está impulsando unha campaña de recollida de sinaturas en defensa da permanencia da asignatura de filosofía no ensino medio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/08/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O obxectivo inicial desta campaña consistía en acadar as 2.500 sinaturas necesarias para que a iniciativa popular fose tramitada como Proposición Non de Lei no Parlamento galego, mais a proposta deste grupo de profesores e profesoras xa sumou máis de 8.000 firmas en dous meses.

Profesores de Filosofía recollen firmas en Vigo.
Profesores de Filosofía recollen firmas en Vigo.

O texto insta á Consellería de Educación a “realizar as adaptacións necesarias para incluír na oferta educativa do Bacharelato a obrigatoriedade da Historia da Filosofía como materia troncal”. Asemade, a proposición insta ao Ministerio de Educación “a propiciar nos traballos para o denominado Pacto educativo un debate en profundidade sobre a situación da Filosofía no sistema educativo e a necesidade da súa pervivencia”.

O mércores as 11 rexistrarán as firmas no Parlamento de Galicia.

Carme Adán nunha intervención na Cámara
Carme Adán nunha intervención na Cámara | Fonte: BNG
Temas: FILOSOFíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Anônimo

Nom é "firma", senom "assinatura". https://umnovoreintegracionismo.wor...

1 anxel raiano suido

O. aprendizaxe ,o estudo das humanidades , e imprescindibel também na formazón. profesional, o coñecemento das humanidades covirte ao Home en perssoa.¡ si a filosofia ¡. po la outro lado também queda a opción de. ..Home ignorante... ciddadán feliz e tonto. útil