"La calle también es nuestra"

A Falange tamén celebrou a folga do 29 ao seu xeito. Militantes deste sindicato colocaron cartaces en moitas das grandes cidades galegas. Os seus dirixentes queixaronse de que estes panfletos foron arrancados. "Cuando hacen esto es que nos temen... La calle también es nuestra", sinalan.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2010 | Actualizada ás 23:09

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 Porco Jones

Home claro, xa sabía eu que non podia faltar Don Manolo, o famoso franquista que comenta en GC. ¿Que Manolo, nostalxico? ¿Que ven vinha un golpinho de estado, eh? Porque hai que ver a chea de masóns e roxos que governan neste país....¿Poís sabes que? Teste que foder, nunca maís poderedes connosco.

3 Rabinovich

Creo que hoy por hoy esta gente de la Falange, dan "algo mas que miedo": !!!DAN VERDADERA PENA¡¡¡.

2 nemesio

que esta tropa aínda ande por aí, e por riba dicindo: si hay que volver a pasar, pasaremos!, é para sentir medo. Nun país civilizado, os herdeiros dos que pegaban tiros nas gabias das estradas galegas estarían encarcerados e, por suposto, ilegalizados. Ou é que só se ilegaliza un determinado tipo de violencia e o outro hai que deixalo porque é bo?

1 Manoliño

Conste que non teño nada que ver cos falanxista de hoxe, contra o que queiran dicir por aquí, e non me molan nada eses discursos enervados, veñan de falanxistas ou de leninistas. Pero se de ilegalizar se trata, home, habería que ilegalizar ao partido socialista que foi o que empezou a festa [aquí http://tinyurl.com/243kd9e e mais aquí http://tinyurl.com/25yo3ka ] ou aos comunistas que montaron as checas, a "limpeza" da retaguardia, etc. As ideoloxías de extremos penso que hoxe non teñen cabida na nosa sociedade, e penso que é para ben. A sociedade española evolucionou de seu, e hai ideoloxías que penso que non son do noso tempo, e non me refiro so a Falange. Pero vaia, cada un ao seu, e mentres non persigan obxectivos delictivo, non hai nada que ilegalizar.

2 nemesio

manda carallo, Manoliño. Tes un plumeiro ben raro. Se non tes nada que ver cos falanxistas de hoxe, que queres dicir entón? Que tiñas que ver cos de antronte? En Galicia, as únicas "checas" que funcionaron foron as dos teus. Non houbo outras, a menos que queiras inventarte unha historia que non existiu. Os únicos que mataban eran os dun bando. Entérate, oh. E digo que, se algúns partidos xa hoxe son ilegais, polo feito de ser anticonstitucionais e violentos (segundo a medida dos constitucionalistas) porque deixan a estes fora dese cesto?

3 nemesio

a todo isto, os textos que recomendas, dese coronel, son bastante mentireiros. Lete as memorias de quen foi xefe de Falange de Ourense, o señor Melero, que che conta que facían e como o facían e incluso lle botaban as culpas ós do outro bando. Ademais, os primeiros que comezaron a darlle patadas á República fóronche os das dereitas, cando en agosto de 1932 provocan o golpe de estado de Sanjurjo, no que xa traballaba aquí, en Pontevedra, o señor Victor Lis, deleznable médico que matou a eito. Contar moitas máis cousas sobre este tema nun espacio tan curto é ben difícil. Só dicirche, por contrariar o que di ese señor coronel, que as axudas á Falange comezaron moito antes, e foron feitas por Antonio Goicoechea e o mesmiño José María de Areilza, entre outros, moito, moito antes do que el di.

4 Manoliño

Deixan fora do cesto aos falanxistas porque non saben que desde o ano 1978 cometesen ou apoiasen a grupos violentos, cousa que non se pode dicir da esquerda, e ás coaccións da última folga remítome sen ir mais lonxe. En canto ás únicas checas que funcionaron no franquismo en Galicia, volves a esquecer a orixe do problema, o período republicano, onde os esquiroles eran asasinados ou apuñalados, onde os cregos eran perseguidos, onde os sindicalistas coaccionaban cos seu boictots, coas súas bombas, onde os centros de dereitas eran asaltados, etc. O problema que tes co coronel Alamán é que conta algo que non che gusta. Nos sete primeiros meses da fundación de FE todos os mortos eran de FE, e todos asasinados por pistoleros socialistas. Se isto é así ¿pero que me estás contando?

5 ALTZEIMER

Manoliño,Nemesio: hoxe e Xoves 7 do mes de outubro..¿non? o ano e o 2010 ¿non? o seculo e o "equis equis palito" ¿non si?

1 Galego

Paiasos.