Temas: HUMOR

Touriñan e Pereiro din que agora van en serio

Logo dunha exitosa primeira xira co cartel de “entradas esgotadas” en localidades como Noia, Compostela, A Coruña ou Lugo, a obra “Agora en serio” dos cómicos Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán chega a Burela, Ourense, Vimianzo, Verín e Ponteareas.

Por Galicia Confidencial | Verín | 18/09/2017 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

As entradas para a obra xa se atopan dispoñibles, a partir de 12 euros, en Ataquilla.com . Estarán en Bruela o 22 de setembro, o 23 en Ourense e o 20 de setembro en Vimianzo. Xa en outubro están confirmadas actuacións o 7 en Verín e o 8 en Ponteareas.

Touriñán
Touriñán | Fonte: emedous.com

Pereiro e Touriñan coñecéronse no colexio de Tarrio, en Culleredo. Fixeron teatro xuntos desde pequenos, e mesmo compartiron outras afeccións coma o balonmán. Colleron por costume ir a Luar cada venres, montaron un local de espectáculos en Carral, e ata unha produtora, desde a que explotaron non só o seu talento como actores, senón tamén como creadores.

Agora en serio é o título dun espectáculo no que ten cabida todo ou case todo. Dirixido por Evaristo Calvo e escrito por Manolo Cortés, pechará o seu percorrido polos teatros galegos nos escenarios de seis localidades de Galicia nas que o público atopará moito do que coñece dos cómicos, pero tamén moitas sorpresas. Unha cara de Pereiro e Touriñán menos coñecida pero igual de divertida.

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ferrolán

Estes ¿actores .. fan bo a San das Bolas teñen o mesmo oficio.