Por Galicia Confidencial | Viveiro | 26/06/2025 | Actualizada ás 10:26
BDS Galiza realizou unha protesta pública este xoves en Viveiro, diante do recinto do Resurrection Fest, e anunciou o inicio dunha campaña pública de denuncia e protesta ante a falta de resposta da promotora Bring the Noise ás demandas do movemento BDS, impulsado pola maior coalición da sociedade civil palestina.
Durante o acto, integrantes de BDS Galiza explicaron que, nas últimas semanas, enviaron varias comunicacións á promotora —propiedade de Superstruct e, en última instancia, do fondo KKR— solicitando unha reunión e propoñendo medidas concretas para garantir que os festivais galegos "non sexan cómplices da ocupación e o apartheid israelís". A empresa non respondeu a ningunha destas comunicacións.
Diante deste silencio, e nun contexto internacional marcado polas advertencias do Tribunal Internacional de Xustiza sobre o risco de xenocidio en Gaza, o colectivo dá comezo a unha serie de concentracións pacíficas diarias ás 20:00 h durante os días do festival, na entrada do Resurrection Fest, para reclamar o cumprimento dos 4 mínimos éticos do movemento BDS
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.