“Secuestro” da revista Retranca por rirse do Papa e da Igrexa

A chegada de Bieto XVI a Santiago está a causar problemas para a liberdade de prensa esquecidos en Galicia dende o franquismo. Primeiro foi a sorprendente desaparición dun artigo crítico coa Igrexa da web do Galicia Hoxe. Agora é a revista humorística Retranca, que denuncia dificultades para chegar aos quioscos ante a suposta censura "moral" da súa imprenta ao novo número sobre a visita do líder relixioso.

Por Galicia Confidencial | | 26/10/2010 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial denunciou hai dúas semanas a estraña desaparición dun artigo da web do diario Galicia Hoxe despois dun comunicado de protesta do Arcebispo polas críticas que Fran P. Lorenzo facía ao “malgasto” de cartos públicos na organización da visita do papa.

None

Esta mañá é a Revista Retranca, que dirixe Kiko Da Silva, quen denuncia un suposto novo ataque a liberdade de expresión, o “secuestro” do número sobre o Papa desta publicación satírica galega.

“Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma”, explica o debuxante.

Na versión de Retranca, nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”.

Retranca deixa claro que “foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política”.

None

Imprenta alternativa

A publicación informa aos lectores que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que"chegará aos quioscos en breve". Ademais, prepara unha posíbel demanda no xulgado.

Retranca, “a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións”, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada. Kiko da Silva fundou Retranca hai tres anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

14 Manoliño

Seguides doentes, eh? Pois nada ide roendo, que aínda vos queda moito que roer. Hala, talogo.

1 Manuel

¿Algún nacionalista galego che birlou a moza para xeralizar de forma tan borrega?, normalmente o teu recurso soe ser o usado de cotío polos mediocres con medo

2 Manoliño

¿Cres que me importa algo o que diga alguén como ti? Hala, talogo.

3 Manol-ito

Es ben ridícula Manolinha. Uma pobre troll franquista sen futuro e con moito tempo libre.

13 Papuxa

Eu son subscriptor e a min vaime chegar si ou si.Retranqueiros forever¡¡¡.Prezados ultracatólicos sen sentido do humor ,o bon das "cousas-que-tenhen-letras" e que se non che gustan non as mercas e punto.

12 Xandokas

...eeeeiiiiiiiiiii que día sae ao mercado, ..... que me apunto!!!!

11 saña

¡¡¡ NOn mo podo creer¡¡¡¡ pero non hai lbertade de expresion, e non estamos nun estado de dereito, ou trabucome? e estamos noutro Pais?

1 Rosenrot

El hecho de que un empresario particular rompa una relación contractual alegando motivos morales no implica la eliminación de la libertad de expresión, ya que hablamos de relaciones privadas. Distinto sería que una Administración Pública ordenara el secuestro de una publicación sin autorización judicial o fuera de los estados de excepción o sitio.

2 Lobo

A outro con ese conto, nono cres nin ti.

3 Manolo

Rosenrot, no te esfuerces. Ya sabes que la máxima de cierto periodismo es: no dejes que la verdad te estropee un buen titular.

4 Pepiñonejro

Amigos Rosenrot e Manolo, o problema non é a relación contractual de caracter privado entre dúas empresas, o problema é a moralidade dalgúns "moralistas". Douche un dato: por motivos morais en tempos de Franco a iglexa excomulgou ao alcalde de Benidorm Pedro Zaragoza por permitir o bikini nas praias, pero cando se decataron da inxente entrada de divisas polo turismo sueco, pasou de excomulgado a santo. Non me fales de moralidade. Aquí houbo presións e punto.

5 Manoliño

Non o excomulgaron. Falou con Franco e deulle a razón co do bikini: http://www.generalisimofranco.com/v...

6 orgulloso do que son

Ante unha eminente noticia que un pode atopar en fontes tan fidedignas, "dignas?" como generalisimofranco punto non sei que non caben enmendas. Hai que recoñecer a intervención santísima neses foros. O bikini, trikini, ou Kini xogador de balompé non nos podemos andan con minucias. A Santa Autoridade dóulle o seu visto e prace. Xa nos gustaría a nós, nos tempos actuais que tan alta instancia e inmaculada autoriadade nos dera simple permiso dunha simple apostasía, Non é carallada ningunha, xa veredes como tamén ven a defender que o de apostatar é porque non somos suficientemente insinstentes. Eu non me resigno, seguramente si o generalisimofranco levanta o que lleda de "humano" virá a botarnos unha man e non pasa nada, xa o arranxa dende as súas altas estancias.

7 Manoliño

A ligazón será de generalisimofranco.com, pero resulta que recollen novas de prensa e entrevistas que lle fixeron a un señor que eran falanxista até a médula. E fixo legal o bikini en Benidorm, co apoio de Franco.

8 Rosenrot

Señores: la existencia de la doble moral es una realidad que no obstaculiza la noticia. Desconozco si el empresario que se niega a imprimir/repartir los números de esta revista es católico practicante y a la vez, tiene un amante; no lo se ni me importa, ni creo que al director de la revista le quite el sueño; bastante tiene con no poder -presumiblemente- poner la revista en los quioscos por un incumplimiento de contrato. Repito, el hecho es que una persona privada ha rescindido un contrato de facto con unas consecuencias -que tendrán- de caracter jurídico. Las políticas serían si fuese un organismo público el que se encargara de la tirada.

10 Manolo

Después de leer el titular pensé que el gobierno - o Feijoo, mejor - había impedido por medio de antidisturbios vestidos de gris la distribución por los kioscos de la revista, conocida hasta hoy en su casa a la hora de comer. Y que encima todo ello se había hecho pegando tiros y encarcelando a la gente que osaba oponerse a las decisiones gubernativas, con la colaboración de los perfidos Bush, Aznar y Franco resucitado. Repuesto del susto y bien mirado, no parece más que un intento de promoción de una revista que debía andar muy mal de tirada. Menos mal

1 ...

manolito sempre atopa un camiño á direita...

2 Antipedófilo

Coma ti no es moi culto que digamos non é de estranar que non coñezas publicacións galegas. Por certo, a ver se aprendes a escribir ben o castelán, ultracatólico e noxento opusdeísta da silveira

3 Manolo

Aparte de no tener sentido del humor, no pareces ser más que otro violento insultador de los que por aquí pululan. En fin, que no podeis ser de otra manera, teniendo los amos que teneis.

4 Porco Jones

Ti non insultas nunca Manola, non tes largado burradas nin nada. Que si terroristas, asasinos, radicais.......bufffff. Non tes vergonha, nen honra, nen moral así que todo o que che podan dicir é pouco...que caralho! non es nen uma persoa, es un troll!