“Secuestro” da revista Retranca por rirse do Papa e da Igrexa

A chegada de Bieto XVI a Santiago está a causar problemas para a liberdade de prensa esquecidos en Galicia dende o franquismo. Primeiro foi a sorprendente desaparición dun artigo crítico coa Igrexa da web do Galicia Hoxe. Agora é a revista humorística Retranca, que denuncia dificultades para chegar aos quioscos ante a suposta censura "moral" da súa imprenta ao novo número sobre a visita do líder relixioso.

Por Galicia Confidencial | | 26/10/2010 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial denunciou hai dúas semanas a estraña desaparición dun artigo da web do diario Galicia Hoxe despois dun comunicado de protesta do Arcebispo polas críticas que Fran P. Lorenzo facía ao “malgasto” de cartos públicos na organización da visita do papa.

None

Esta mañá é a Revista Retranca, que dirixe Kiko Da Silva, quen denuncia un suposto novo ataque a liberdade de expresión, o “secuestro” do número sobre o Papa desta publicación satírica galega.

“Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma”, explica o debuxante.

Na versión de Retranca, nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo “co ataque ao Papa e á Igrexa”.

Retranca deixa claro que “foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política”.

None

Imprenta alternativa

A publicación informa aos lectores que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que"chegará aos quioscos en breve". Ademais, prepara unha posíbel demanda no xulgado.

Retranca, “a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións”, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada. Kiko da Silva fundou Retranca hai tres anos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

4 Sonense

Noraboa a Retranca por facerme rir hai tres anos e ao GC por informarnos do que outros medios calan. Seguide firmes contra as censuras!

3 Andrés López

Parabéns a Retranca! Agora só falta que o blogomillo reaxa como fixo no seu día internet coa censura de El Jueves polo dos "príncipes traballadores". Vergoñento que ocorran estas cousas en democracia. Campaña pro Retranca xa! Onde están os Chuceiros e os Blogomilleiros?

2 Rosenrot

¡Qué susto! por un momento pensé que un juez habia ordenado el secuestro de la revista... en fin, que esto se parece a un artículo de Libertad Digital donde se afirmaba que el BNG reclamaba la disolución de la Guardia Civil y al entrar en el corpus, la noticia era que reclamaba la integración de los miembros de la Guardia Civil en Galicia en una policía autonómica con competencias en tráfico. Bueno, pues como ha hecho el sr. Da Silva, tendrán que demandar al proveedor y cambiar de imprenta. Hay gente pa´tó...

1 tino

Home, se é certo que a imprimiron e agora non queren entregala para a distribución, pois a min un pouquiño grave si que me parece, si, e bastante parecido a un secuestro, ademais. Eu o que sei e que levo varias semanas preguntando pola retranca no meu quiosco pero non dá aparecido

2 Rosenrot

Tino, secuestro lo entendí como judicial y será grave porque a la imprenta le caerá un incumplimiento de contrato y un lucro cesante

1 Domingo

Ya basta de criticar a los que solo pedimos respeto. En España no hay sentencias contra la iglesia ni por lo de Valencia ni hay denuncia alguna de abusos. Así que contenidos como los de esa revista o los del artículo del Galicia Hoxe son ilegales por difamatorios.

1 Rosenrot

Creo que no Domingo, creo que la sátira no debe de estar prohibida salvo que exista sentencia judicial firme por un delito de injurias o calumnias al atentar contra el Honor; fuera de ello, será de mejor o peor gusto, pero el animus iocandi y el animus iniurandi sólo son considerados por un juez.

2 Sábado

Bueno,bueno...! Non será pa tanto, oh! Tranquilizate Domingo, que che noto estresado...