O vídeo da terceira balea azul identificada en augas de Galicia en apenas un mes

Un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute acompañou durante varias horas este exemplar de Balaenoptera musculus, avistado a entre seis e oito millas de Corrubedo. Trátase da terceira balea azul identificada en augas galegas en poucas semanas.

Por Alberto Quian | O Grove | 10/10/2017 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

Un equipo do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI), con base no Grove, identificou este luns o que sería o terceiro exemplar de Balaenoptera musculus en Galicia en tan só un mes; un feito que ten abraiada á comunidade científica polo estraña que é a presenza desta especie nas nosas augas, xa que nunca antes se vira aquí viva unha balea azul.

Exemplar de balea azul duns 25 metros de lonxitude, preto de Corrubedo
Exemplar de balea azul duns 25 metros de lonxitude, preto de Corrubedo | Fonte: BDRI.

O equipo do BDRI avistou esta balea azul a entre seis e oito millas de Corrubedo. Trátase dun grande exemplar duns 25 metros de lonxitude ao que puideron acompañar durante varias horas, durante as cales os científicos tomaron fotografías e este vídeo que o BDRI cedeu a GC para a súa publicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta