La Región desvela como Presidencia chantaxea aos xornais

A denuncia do editor de La Región e Atlántico sobre a 'cociña' dos anuncios da Xunta, incluídas comisións para consultoras dun cuñado dun asesor de Feijóo, é unha bomba de reloxería. Hoxe o PSdeG pediu explicacións.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/11/2010 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial ten denunciado moitas veces como as administracións reparten anuncios e convenios a dedo entre certos medios. Así, sucedeu, por exemplo, coa visita papal.

None

Agora é un dos propios xornais afectados quen confirma como o Goberno explota as campañas de publicidade para comprar liñas editoriais. Trátase, ademais, dun presunto e grave caso de corrupción.

Atentos ao publicado por La Región de Ourense, tamén dona do Atlántico Diario:

"Enrique Varela es el hombre elegido por el secretario xeral Alfonso Cabaleiro, para regular, supuestamente de forma objetiva, las relaciones comerciales del Ejecutivo autonómico con los medios de comunicación.

Para ello, ha mantenido reuniones con directivos de empresas del sector en las que les comunicó su intención de crear un nuevo marco, con el que pretende intervenir e imponer la política de precios, ahora estipulada por la realidad del mercado y la libre competencia.

Además, la intención de Enrique Varela, cuyo diálogo con los medios se ha desarrollado en ocasiones en tono amenazante, consiste en imponer como intermediarias en la facturación a terceras empresas (elegidas discrecionalmente por la propia administración) que se quedarían con un porcentaje de las ventas.

En este tenso diálogo con las empresas de comunicación, Varela no ha dudado en intentar condicionar las campañas de publicidad de la Xunta con exigencias de carácter informativo, con la pretensión de garantizar un trato amable y favorable a los intereses de los dirigentes del PPdeG y del Gobierno gallego".


Entre as empresas "elegidas discrecionalmente por la propia administración" está a axencia Publitia. Esta compañía é filial ao 100% da empresa "Salón Mirate", fundanda por Enrique Varela, o asesor da secretaría xeral de Medios, e dirixida polo seu cuñado, Jesús María Ramos Arévalo.

É máis, Enrique Varela foi administrador único de Salón Mírate até xaneiro deste ano, meses despois de que comezar a actuar como asesor de Alfonso Cabaleiro e Feijóo.

En definitiva, La Región denuncia que un asesor de Feijóo chantaxea aos medios cos anuncios da Xunta para lograr un bo trato para os políticos conservadores. Ese mesmo asesor desviaría a tramitación dos anuncios, coa correspondente comisión, a través dunha empresa propiedade dun familiar seu e que el mesmo dirixiu até este ano, meses despois de comezar a actuar como intermediador entre a Presidencia da Xunta e os medios.

Galicia Confidencial confirmou no Rexistro Mercantil que os datos de La Región sobre Enrique Varela son certos. Ademais de Publitia, tamén  mantivo relacións societarias coas consultoras Varela Vázquez Comunicación, Publimax Vigo e Tevemos Comunicación.

A credibilidade da denuncia é maior porque provén dun grupo mediático tradicionalmente moi próximo ao PPdeG. Ademais, os seus diarios reproducen dúas ordes de publicidade deste ano que proban a intermediación das empresas vinculadas a Varela.

None

O PSOE leva o caso ao Parlamento

Ante este escándalo, o deputado socialista Jose Manuel Lage Tuñas pediu hoxe “transparencia nas contratacións da publicidade institucional e explicacións por parte do goberno galego diante das denuncias de dous medios de comunicación da posible existencia de trato de favor a algunhas sociedades con vínculos con asesores do Presidente da Xunta de Galicia”.

O deputado socialista considera necesario que se aclare que está pasando coa publicidade institucional da Xunta de Galicia “xa que sorprende moito que as denuncias efectuadas por dous xornais non teña sido desmentida polo goberno”.

U-la prometida Lei de Publicidade Institucional?

Non só Presidencia garda silencio. Tamén o resto de grandes cabeceiras non informou nin da grave denuncia de La Región nin da petición socialista de explicacións.

O PPdeG acaba de adiar a tramitación dunha nova Lei de Publicidade Institucional para despois das eleccións locais. Os conservadores prometeran máis obxectividade no reparto dos anuncios e vincular as axudas ao emprego estábel nos medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

15 Meu Rei

Vai falar de puta la tacones.....que La Región sexa agora a que fale de corrupción é o colmo. Onde están as ventas en bloque da Deputación, onde están os cartos para desfrute personal dos donos, onde están as ameazas dos seus comerciais a todas as empresas do seu entorno, onde está o intento de meter en accións diñeiro público, ...? O que faltaba.

1 Eugenio Pmbo

Ten coidado co que escribes que te podes meter nun problema.

2 O padriño

Que puta é a internet é Eugenio, poden sair verdades ó dominio público... O verdadeiro xornalismo é dicir o que os poderosos non queren que se diga, o resto non é xornalismo, é propaganda. En Galicia o 99% dos medios de comunicación que fan, xornalismo ou propaganda?

14 xosedorrio

Canto nos custa aos ourensáns a publicidade que o concello de ourense inserta a diario no xornal La Región? Cantos nos custa aos ourensás o bo trato que está recibindo o bipartito desta cidade? Aquí a resposta: http://www.scribd.com/doc/38395570/...

1 Eugenio Pombo

Outro tanto para ti.Iso son os prezos que figuran na súa páxina ou ó preguntarlles via mail.Si tes algo que dicir mais che vale ter probas ou agora mesmo pódeste meter nun problema.Dígoche mais como bo cidadán que eres vaite con eso a fiscalía.....ai cada un.XoseDorrio ou perico dos palotes difamar non sae gratis ollo....

2 xosedorrio

Ti de que vas? Quen difama aquí? Ti non ves os anuncios do "concello" -non do PSOE- cada día nese xornal, a toda páxina,... pois valen iso, como mínimo, 1163 € cada día. Imaxino que os anuncios que paga, tamén a diario, na cadena SER, non valen menos. Dilapidamento total, mentres a cidadanía vive a peor crise que moitos recordan. Para que? para enganar ao pobo, para seguir outros catro anos no poder. NOXENTO! Outro tanto che digo, si ves delito nas miñas palabras, a que agardas para acudir ao xulgado? Difamación... dame a risa!

3 Ana

@xosedorrio: se me estás a dicir que un anuncio do Concello na Cadena SER ao día custa "pouco menos" de mil euros e que non tes nin idea de como vai o asunto. E xa nin che conto co asunto da publicidade institucional en La Región ou no medio que sexa, de calquiera goberno a calquera nivel... publicidade que como non se rixe polos prezos habituais dos mercados e si pola negociación previa de servizos en bloque. Vamos, nin idea. A túas palabras non serán difamación pero o de que un anuncio na SER ao día custa pouco menos de 1.000 euros, desacredita calquera outra cousa que escribas. Polo demais: compara as cifras inversoras deste goberno municipal de Ourense (o goberno máis inversor de TODA Galicia en cifras porcentuais http://www.laregion.es/noticia/1174... así como as cifras de inversión en servizos sociais e mira cara atrás, para comparar durante os anos de goberno popular. Eso si que da a risa.

4 xosedorrio

Elogo onde digo eu que o concello de ourense insira un único anuncio na SER ao día... Dende cando se negocia co diñeiro público para gabar a un alcalde? Di hai que sacar a publicidade institucional a concurso que se faga,... porque o que non se pode afirmar é que cada un deses anuncios é resultado dunha contratación única, como faría un particular, senón dunha negociación -como afrima un/unha mem@ coma ti-, iso é evidente, porque esa folla levase publicando na Rexión durante os últimos anos... Gñou a Rexión algún concurso para ter semellante beneficio? Dubido moito? É o resultado do dedo que todo o compra. Os cartos son nosos pero gastanse para lamberlle o cu a un alcalde. Pode ser máis NOXENTO? En http://moendo.net hai máis, para todos!

5 xosedorrio

Pero ti... tontiñ@ seguro que sabes como vai iso da publicidade, verdade, conta, conta porque a Rexión, conta canto, porque a SER, conta canto,... cantos miles de euros se malgastan CADA DÏA polo concello de ourense? DI!

6 Ana

É lóxico que agora comeces a insultar con palabras coma "tontiño" porque os teus argumentos non se sustentan. O gasto do Concello de Ourense na publicidade na SER ao día nin se asemella a mil euros. Por supuesto, nin a cincocentos, nin similares a metade desta última. Decir unha barbaride dese calibre e mantela "ríndote" dos demais o que demostra de novo e que esa afirmación (falsa a todos os niveis) te desacretida. O mesmo caso que coa de La Región, que como de novo che digo fanse ventas de publicidade en bloque mediante acordos e con rebaixas, tanto en La Región, coma na SER coma en todos os medios existentes.

7 Ana

Reitérome: cando este Goberno municipal teña uns niveles de inversión real coma os do anterior goberno e cando este goberno teña os servizos sociais que tiña o anterior goberno popular (en ambos casos, por malos) poderase falar de despilfarro. Como non é o caso nin no asunto de despilfarro en publicidade, nin no malgasto de cartos...non hai moito máis que decir.

8 xosedorrio

Un particular ou unha empresa pode negociar cun medio de comunicación. Un concello non, ten que sacar a publicidade a concurso, como fixo o bng co asuntos dos paneis,... a non, perdón, que o bng tampouco o sacou a concurso e por iso están sendo xulgados. Claro que ninguén do PP vai denunciar a quen lle alimente o mostruo. E o BNG, pobriños, non lles dá para máis... Eu tamén me reitero, é un ESCANDALO o que gasta este concello cada día en publicidade. Porque na SER en na Rexión, porque lle peta a quen lle peta. Si saíra a concurso podería ser na COPE, na RG, na Voz, ou en calquera outro medio, pero non, ten que ser na Rexión e na SER. Volve a ler todo o que escribín. Todo. Logo le o que ti dis e a ver quen minte máis.

9 xosedorrio

"Despilfarro", dilapidamento en galego, existe. Vese cada día. Calquera cos ollos ben abertos pode advertilo. Nos medios de comunicación e nos soportes fixos. En actos como o Encontro de Emprendedores Eduardo Barreiros, onde o alcalde nun acto indigno lle lambeu o cu ao dono da Rexión. Si, en público, que NOXENTO!, nas 'vallas' das obras, as mesmas que antes puñan o nome da construtora e agora non, agora pon tenencia ou concello, segundo cal dos dous nos goberne. Por non falar dos soldos dos concelleiros, alcaldes -si os dous-, directores, concelleira non electa, etc. Era mellor ter ao alcalde mellor pagado do estado que ter a todos os chupopteros actuais, pero este xa é outro tema. DILAPIDAMENTO existe!

10 Ana

Cada liña que escribes, deixáte máis en evidencia. O Concello no está obrigado a sacar nada do asunto da publicidade a concurso por ser contratos menores (de cantidades inferiores a 50.000 euros) como está estipulado na Lei de Contratos do Sector Público. Non teño moito máis que decir ao respecto, que segues sen fundamentar o que escribes a inventarte cousas, como esta.

11 xosedorrio

Iso non me deixa en evidencia, ao revés, deixa en evidencia ao concello que parte en cachos a mesma torta para non superar esa cantidade e así adxudicala a dedo... unha fraude moi común a maioría dos concellos. Ti si que non fundamentas nada do que dis nin aportas máis que 'palabrería'

12 xosedorrio

Aquí o que ninguén discute é que a Rexión publica todos os días un anuncio do concello a toda páxina, que na SER inserta varios anuncios ao día (e descoñezo si noutros medios). Sabemos o que custa ao común dos mortais eses anuncios (os da Rexión -en oferta!-). Agora ti ves aquí a decir que non custan tanto, sen aportar nada, que son máis baratos porque se contratan en bloque, sen dicir de canto é o bloque,.. e acusar aos demáis de non fundamentar nada sen que ti fundamentases nada do que dis. Evidentemente, pola demagoxia practicada, ti debes ser unha desas políticas profesionais que nos chupan o sangue aos ourensáns.

13 xosedorrio

Cando os militantes do PSOE chaman ao portal dos veciños dicindo "Oiga! Corrego del Concello, me puede abrir?".. en castelán, of course, e logo se atopan na súa caixa de correo un mibulibro, 14 follas a toda cor, propagandístico do PSOE-Concello (non do BNG-Concello). É indignante! É insultante ver como se mistura a política de partido coa actividade do concello, sen ningún rubor. aahhh! NOXENTO!

13 Daniel

Lo veo y no lo creo, los del BNG tomando como fuente al periódico más caciquil de Galicia

1 Simple

lo veo y no lo creo, los del PP preocupados, y participando en los comentarios dia si y dia tambien por lo que dice un simple medio digital, que ellos creen del BNG.....

2 Ronsel

Pois xa ves como están as cousas... os propios caciques afostiándose cando lles quitan cota. E xa vedes como se queren as Hidras da extrema dereita, COPE contra LD, Intereconomierda contra El Mundo, LD contra el Mundo...

12 Jodión

¿ Estes son os do ERE ? Hala! xa saquei o temiña!

11 esperando traballo

¿Alguén sabe o que pasa en Oza coa Coca-Cola?

1 Marcos Torres

Nin idea, pero a de Ikea non hai quen a trague! Será que están en probas?