Por Galicia Confidencial | Ourense | 13/11/2010 | Actualizada ás 14:50
Un parágrafo ao final dun teletipo e a reacción de Feijóo e do PSdeG reproducida na propia La Región
Isto é toda a repercusión da denuncia lanzada dende o diario ourensán sobre un presunto e grave caso de corrupción coa publicidade da Xunta.
Enrique Varela, que se presenta así mesmo como “responsable de publicidade na Xunta” no seu Linkedin, chantaxea aos xornais esixindo un trato favorábel ao Goberno a cambio de meterlles anuncios da propia Xunta, segundo alertaron os editores de La Región e Atlántico Diario.
Desvía anuncios a través da axencia do seu cuñado
Un documento publicado en La Región proba que Varela, ademais, desvía a contratación dos anuncios a través dunha axencia Publitia, propiedade do seu cuñado, Jesús María Ramos Arévalo. Publitia está participada ao 100% por outra compañía, Salón Mírate, controlada por Varela até xaneiro deste ano, meses despois de comezar a ser o “intermediador” da publicidade.
Malia a gravidade dos feitos, que calquera xornal pode contrastar falando cos seus departamentos de publicidade e consultando o Rexistro Mercantil, nin unha liña se publicou na prensa deste sábado.
Varela segue a repartir a publicidade da Xunta
E é que o propio Feijóo e apoiou publicamente ao publicista vigués. Tamén o fixo Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Medios, polo que parece que Varela seguira “intermediando” co millonario reparto de publicidade do Goberno entre os xornais.
Cabaleiro tardou máis dunha semana en respaldar publicamente a Varela e só o fixo despois de que se mollara Feijóo. O secretario xeral de Medios respondeu a La Región que aposta polo sistema galego de publicidade, cando é evidente que gran parte do investimento publicitario deste Goberno contratouse e faise en Madrid.
Feijóo foi moito máis breve, pero destacou que, na súa opinión, non hai nada ilegal en que un asesor seu desvíe contratos a unha empresa dun cuñado. Velaí a súa curtísima resposta:
Quique Varela é un profesional moi coñecido no sector publicitario de Vigo e mantén moi boas relacións co PP olívico.
Galicia Confidencial publicará nos próximos días novos datos sobre este caso de presunto amiguismo e chantaxe informativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.