Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/05/2025 | Actualizada ás 15:04
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este luns a entrada de empresas privadas, e polo tanto, de técnicos privados, na xestión do día a día de departamentos da Xunta de Galicia, ao tempo que defendeu o traballo dos seus propios funcionarios e técnicos. "O que se trata é de buscar a eficacia sen faltarlle ao respecto aos nosos técnicos, sabendo onde están os límites --entre o público e o privado--", dixo.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Rueda destacou que, precisamente, con esta medida o que se trata é de "reforzar" o papel dos propios traballadores da Xunta. "Aos que lles molesta que haxa colaboración público-privada son os mesmos que lle están faltándolle ao respecto aos funcionarios públicos", dixo.
Rueda insistiu en que, con esta medida, non se trata de "bilipendiar" ao traballador público, senón redifinir as dúas esferas, a do privado e a do público, para que a xestión da Xunta sexa "máis eficaz".
ALTRI
Preguntado tamén sobre se a Xunta vai encargar algún informe sobre o impacto que a megacelulosa de Altri terá no Camiño de Santiago, Rueda dixo que todo o que ten que ver co patrimonio xa foi analizada na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada. Polo tanto, descartou novos informes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.