O maná eólico pasa de largo no rural galego

As cooperativas lácteas fican sen muíños, cuxos beneficios, segundo Ventonoso, marchan nun 99% lonxe das aldeas que sofren o impacto dos aeroxeradores. Cifras do reparto do PPdeG no interior.

Por Galicia Confidencial | Chantada | 20/11/2010 | Actualizada ás 05:19

Comparte esta noticia

Vento Noso é a asociación máis activa na defensa dos intereses dos propietarios dos montes nos que se instalan o muíños de vento. Crítica dende hai anos co reparto dos beneficios, este colectivo que agrupa a miles de veciños (4.000 segundo esta organización) calcula que os que sofren máis directamente o impacto dos muíños perciben menos do 1% do que vale a produción bruta dos aeroxeradores.

Ante o reparto dunha nova quenda de parques eólicos pola Xunta este venres, o colectivo agrario di que o Goberno peca de "triunfalismo".

A Xunta presume na súa presentación do reparto de 8.000 postos de traballo indirectos. Dos 3.100 indirectos, até 1.600 son relacionados coa construción e explotación dos muíños, polo que serán, polo menos nunha parte, temporais.

As cifras que prometera o bipartito, cunha cantidade similar de megawatios adxudicada, era tamén de 8.000 empregos.

Unha parte deses empregos proviña da oferta das cooperativas lácteas galegas, unha das triunfadoras do concurso do bipartito.  Coa anulación do anterior concurso "impediuse o potenciamento das cooperativas lácteas" láianse dende Ventonoso en referencia á coalición de Feiraco, Os Irmandiños e outras cooperativas do agro galego.

San José perde posicións

Desta volta, o Goberno do PPdeG fallou a prol principalmente de Gas Natural, que para a ocasión presentouse como Fenosa Wind, e Norvento, participada por Caixa Galicia. Jacinto Rey (dono da Constructora San José, de Xornal de Galicia e ANT) cuxa foto con Quintana (BNG) nun iate foi explotada pola dereita para desacreditar o reparto do bipartito, pasa de 142 a 29 megawatios.

Dende Unións Agrarias, o sindicato do rural máis próximo ao PSdeG, cualifican o reparto deste venres de “irregular”. E é que a anulación do concurso eólico do bipartito segue recorrida nos tribunais, sen solución definitiva por agora.

"Galicia perdeu o tren e isto, en tempos de crises, págase caro" advirten dende Unións.

None

Menos axudas públicas polo megawatio eólico

É evidente que o concurso eólico do PPdeG acada dous anos despois o estado de tramitación do deseñado polo ex-conselleiro Fernando Blanco (BNG), que tamén foi recorrido na Xustiza.

Como neste tempo as restricións estatais ás primas públicas ás enerxías renovábeis aumentaron, está por ver se efectivamente as adxudicatarias cumpren desta volta a promesa dos 8.000 empregos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 ANTON

Algun dia espero que paguen os PPodres,por todo o que fixeron. Semppre vendendo a Galiza. Que noxo dan. Os caciques electricos, como sempre e unha vergoña. As apertas de Frijolito e Sanchez Galan, (non e mais que o represntante da merda solta). Ninguen pode poñer soluzon a esto?. Que desastre de PPodres

1 Lobo

Non pagaran nada si temos a sociedade tan colonizada como a galega, que importa que mexen por nos si decimos que chove, e seguimos votando por eles e avalando as suas politicas antigalegas, non merecemos outro goberno, temos o que nos merecemos e nada mais.

2 ferrete

"Ninguen pode poñer soluzon a esto" Quizáis un golpe de estado? porque senón terase que esperar ata as próximas eleccións. Algúns tivemos que facelo do 2005 ao 2009.

3 Porco Jones

Pois non sabes o que foi esperar 66 anos a que caeran os teus......se o teu é paciencia, que Deus cha conserve.....

2 yo ya no protesto

O reparto do bipartito (el reparto de Quintana ou El del BNG segundo la coz de Galicia) dáballe a maior tallada a CaixaGAlicia e a Caixanova. Empresas vinculadas fortemente co nacionalismo do BNG obviamente. O 8º adxudicatario con 140 mW foi a empresa de Jacinto Rey. La Coz dixo que aquelo era un pago de favores. Perfecto. Agora examinemos o novo reparto. Fenosa leva máis do dobre de mw que jacinto rey e é a 1ª adxudicataria, e non é unha empresa galega. A quen lle paga MÁIS FAVORES, O DOBRE EN CONCRETO, o PP?, pois a unha empresa ex-galega con vínculos a determinados poderes coruñeses que teñen pasta alí. E que dí la voz?, oh, pois nada simplemente sae con anuncios a páxina enteira de Gas Natural, la voz sempre ó que máis paga. E Galicia?, a quen carallo lle importou iso no PP en na Voz?

1 ultreia79

Supoño que o de que "dáballe a maior tallada a CaixaGAlicia e a Caixanova. Empresas vinculadas fortemente co nacionalismo do BNG obviamente" era en ton irónico, porque senón non te entendo. Había pago de favores antes? Podía haber un pequeno detalle dun 6%, e agora?? agora si que é pago de favores. Esta é a forma de obrar do PP. Pero claro, como é o que quere esa maioría que din que teñen...

2 yo ya no protesto

Perdón se non se me entendeu a ironía... Este reparto do PP é unha merda, muíños para quen non aporta nada a Galicia. A primeira adxudicataria é UNIÓN FENOSA, fai falla dicir algún argumento máis. Os muíños son pasta para capitalizar empresas polas subvencións que recollen, un choio. A quen lle damos a pasta ás empresas galegas como fixo o BNG, ou ás de fóra como fai o PP?. O tema é este, non é outro. É así de simple. Non nos queixamos da venda da riqueza galega ós de fóra. Pois aquí teñen outro exemplo máis coa connivencia do poder do PP e da prensa galega de sempre. Non cambiamos nos últimos 50 anos nada señores.

1 Andamolho

Dous anos perdidos por intereses exclusivamente politicos. Os muinhos ocupando os nosos montes e aproveitando as condicions da nosa terra para crear a enerxia,coma pasa coas hidrielectricas. E os xestores deste malgoberno ofrecendolhe as ganacias os amigos de fora,coma sempe tamen. E ainda tenhen a cara de decirnos que miran polos intereses de Galiza.