Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2017 | Actualizada ás 09:48
A cifra de parados no rexistro das oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) incrementouse en outubro en 1.846 persoas, o que supuxo un 1% máis se se compara co mes anterior, até contabilizar 185.903 demandantes de traballo anotados.
Non entanto, se se compara outubro de 2016, supón un descenso en 13.037 persoas, unha caída do 6,55% na comparativa interanual, segundo os datos que difundiu este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
No conxunto do Estado, o número de parados rexistrados subiu en outubro en 56.844 desempregados respecto ao mes anterior (+1,67%), a súa segunda menor alza neste mes desde 2007, cando estalou a crise.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.