O reitor da USC avoga por revisar as probas de acceso á universidade para "non esaxerar" a especialización

É partidario de que os alumnos poidan elixir os estudos na universidade sen chegar a ela tan "etiquetados".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2017 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, avogou por "revisar" as probas de acceso á universidade para "non esaxerar" a especialización ao suxerir que limitan as posibilidades do alumnado.

O reitor da USC, Juan Viaño
O reitor da USC, Juan Viaño | Fonte: Europa Press

"É importante non esaxerar a especialización dos estudantes", manifestou nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que se mostrou partidario de que os alumnos poidan elixir os estudos na universidade sen chegar a ela tan "etiquetados".

Na súa intervención o reitor tamén se referiu ao novo mapa de titulacións do Sistema Univeristario Galego (SUG), que ve como un "acordo que marca un cambio na forma de relacionarse as universidades e o Goberno galego.

Con todo, recoñeceu que este pacto non evitará que exista un debate sobre posibles duplicacións no sistema. Na súa opinión, hai "un marco colaborativo" para abordar esas duplicidades, que é "o máis interesante para o país". "Evidentemente, algunha discusión e algunha diferenza de criterio sempre haberá", sinalou.

REXEITA REDUCIÓNS DE PERSOAL

O que si rexeitou é que a retirada dos graos con baixa demanda provoquen retoques no cadro de persoal docente. "En ningún caso", deixou claro para argumentar que "os graos que se retiran son graos que teñen unha baixa demanda desde hai anos".

Así, lembrou que no caso da USC se concentran no Campus de Lugo. "Cumprimos coa responsabilidade retirándoos pero como esas titulacións van ser substituídas por outras, nunca se verá afectado o cadro de persoal", indicou.

Ante as eleccións a reitor que en breve afrontará a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Viaño asegurou que aínda non tomou a decisión "definitiva" e aprazouna para máis adiante en "os próximos meses". Con todo, admitiu verse "animado" para dar o paso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Elisenda en Chachiguaylandia

Resumo: Probas de accceso únicas de facultade e escola universitaria. Non importa o número de alumnos e alumnas para manter os graos porque hai graos, coma o de Estudos Clásicos que se deben manter malia que haxa un alumno. Racionalización a partir da oferta galega. Para cando a creación da Universidade Galega na que se integren as outras? Esixencia dun B2 coma nivel mínimo e nas FP de Grao Superior dun B1. Creación de pasarelas dun grao ao outro de FP que se poidan preparar nos institutos ou a distancia. Probas de nivel en Educación Primaria. Aí é onde arrincan todos os problemas. Cómpre garantir que todo o alumnado acceda á ESO sabendo ler con fluidez, escribir e coñecendo que vive nun mundo rexido por leis físicas. Resumo: menos proxectos chachiguais para lucir en "xornadas educativas" diversas e máis potenciación e apoio ao profesorado que garante a adquisición das competencias básicas.