Activo un incendio en Ribadeo, con 6 hectáreas queimadas, e controlado outro que calcinou 9 hectáreas en Xermade

Un incendio forestal permanece activo na localidade lucense de Ribadeo e queimou, segundo as primeiras estimacións, seis hectáreas de monte arborado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2017 | Actualizada ás 18:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo na localidade lucense de Ribadeo e queimou, segundo as primeiras estimacións, seis hectáreas de monte arborado.

Fontes da Consellería de Medio Rural informaron a Europa Press de que o lume empezou sobre as 15,37 horas na parroquia da Devesa e permanece activo.

Traballan na súa extinción tres axentes, seis brigadas, tres motobombas e unha pa.

As mesmas fontes informaron de que este mércores se rexistrou outro lume forestal na parroquia de Lousada, en Xermade, que quedou controlado ás 17,47 horas, despois de queimar 9 hectáreas de superficie rasa.

Para facer fronte a este incendio mobilizáronse catro axentes, sete brigadas, sete motobombas e unha pa.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta