O novo líder do PSOE lucense estréase en Madrid denunciando os atrasos do AVE

Acusa aos populares de “desprezar” aos lucenses por non cumprir “nin os pactos, nin a palabra” sobre a chegada da alta velocidade.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 13/12/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O novo secretario xeral do PSdeG de Lugo, Álvaro Santos, decidiu viaxar a Madrid para denunciar o incumplimento das promesas do PP coa chegada do AVE a Lugo. Foi o seu gran estreo como líder dos socialistas lucenses.

Álvaro Santos e Margarita Pérez Herraiz denuncian os atrasos do AVE no Congreso
Álvaro Santos e Margarita Pérez Herraiz denuncian os atrasos do AVE no Congreso | Fonte: PSdeG

Acompañado pola deputada Margarita Pérez Herraiz, e o Secretario Provincial electo dos Socialistas lucenses, Álvaro Santos denunciou que co Partido Popular no Goberno Central e na Xunta de Galicia “non vai a haber AVE en Lugo” porque  o PP “engana e despreza aos lucenses coa chegada da alta velocidade”

Pérez Herraiz presentou varias preguntas ao Goberno Central na Comisión de Fomento celebrada este martes sobre a intermodal e a chegada do AVE a Lugo ao Secretario Xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, que quedaron sen contestar.

Por iso, tanto Santos como Pérez Herraiz denunciaron que o PP “leva 6 anos mentindo sobre o Pacto do Obradoiro”, no que se decidiu sobre os prazos de chegada do AVE a Galicia. Ademais, denunciaron que Lugo será a única provincia á que non vai a chegar o AVE e a que “peores servizos ferroviarios ten”.

Finalmente, Santos destacou a clara estratexia do Partido Popular pois “hai unha confluencia do PP en Madrid e Santiago, avalada polo silencio tráxico do PP de Lugo, que enterra a esperanza de que chega o AVE a Lugo”. “Buscan que o tren que vaia morrendo lentamente e que pareza que non padeza moito, pero sen evitar esa morte da esperanza e do compromiso que o Goberno do PSOE tiña cos lucenses, cando gobernaban os socialistas”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta