A última guerra de Cacharro

O presidente da Deputación de Lugo, Francisco Cacharro, está disposto a manter o pulso coa dirección do PP ata o final. Xa se contou aquí que a tensión entre el e o presidente provincial e vicepresidente do partido, Xosé Manuel Barreiro, van en aumento...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 18/04/2006 | Actualizada ás 21:59

Comparte esta noticia

None

E é aí onde o presidente da deputación quere dar guerra. Non lle está gustando que tanto Barreiro coma o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, impoñan os candidatos, tal e como pretenden en Lugo capital con Joaquín García Díaz e noutros concellos importantes coma Viveiro, Monforte ou Ribadeo.

Por iso a súa teima de convocar un congreso provincial, ó que a dirección se nega. Cacharro lembra que, precisamente, o sucesor de Manuel Fraga, saiu dun congreso aberto, e non por imposición do partido. Pretende, con ese argumento, desestabilizar a estratexa de Núñez Feijoo.

No seu entorno están convencidos que pugna que mantén podeo beneficiar, porque, debido á proximidade das eleccións, a dirección popular estudia dar marcha atrás e pactar certos candidatos co varón lugués. En Santiago as opinións son completamente diferentes. Aseguran que Cacharro está protagonizando as "últimas pataletas" da súa carreira política.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 eu

dicir q o partido de baltar e de dereita, centro, galeguista ou calquer cousa é mentir, o partido de baltar e o € e o poder, non lle preocupa galiza nin os galegos, so manterse no poder.
fai falla un partido nacionalista de centro dereita, pero xente coma baltar sobran, sexan da cor q sexan.

4 eu

3 nopepero

Tede en conta que o sector boina, sobre todo o radikal, é o sector galeguista. Terá os seus defectos, e seguen sendo pp, pero si me dan a escoller entre un pepero galegofalante é próximo a xente ou un pepero "aspirante a señorito de madrid" claramente me quedo co primeiro.
Ten que haber un partido de centrodereita e como nadie se anima a crear un partido nacionalista de esta tendencia pois eu penso que millor será que o que hai sexa o más galeguista posible. E para eso ten que estar xente como o Baltar.

2 eu

non estaria mal q tamen comentarades as declaracions da alcaldesa de san sibrao das viñas (ourense) pedindo os 4 ventos q demita o alcalde de ourense, manuel cabezas, xq estalle a facer moito dano os posibles resultados electorais do PP nas vindeiras eleccions.

por certo q hai q resaltar a afinidade entre esta alcaldesa, do sector da boina lado radikal, e o presidente provincial, JL Baltar.

1 eu