Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2018 | Actualizada ás 14:09
O portavoz socialista no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, negou que teña interese en liderar a candidatura do PSdeG-PSOE de Santiago nas eleccións municipais previstas para a primavera do próximo ano.
"Estou moi centrado no Parlamento", asegurou Leiceaga nun almorzo informativo celebrado este venres na sede da Cámara galega.
Así, descartou que baralle presentarse ás primarias para a elección do candidato socialista na capital galega nas eleccións municipais de 2019, xa que ao seu "compromiso" co grupo parlamentario aínda lle quedan "dous anos".
Leiceaga, nado en Noia (A Coruña) pero afincado en Compostela, foi concelleiro en Santiago entre 2003 e 2005, ano no que abandonou a política local para ser deputado no Parlamento galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.