Galicia Bilingüe leva á Xunta aos xulgados

A asociación de Gloria Lago aumenta a presión sobre Feijóo no inicio da precampaña das locais.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/01/2011 | Actualizada ás 23:06

Comparte esta noticia

“Quince pais galegos con fillos escolarizados no primeiro ciclo de Primaria” denunciarán á Xunta nos xulgados para conquerir “o dereito dos seus fillos a recibir a educación en lingua materna” co apoio de Galicia Bilingüe. Este é o novo comunicado o colectivo contrario á promoción do galego.

None

Trátase da segunda vez que GB lanza unha iniciativa xudicial concreta contra a Xunta dende que goberna o PPdeG. A  denuncia contra o "decreto do plurilingüismo" está no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero é probábel que non se resolva a medio prazo. Con esta nova demanda GB busca obrigar aos xuíces a pronunciarse antes e asemade mostra como aumenta o distanciamento entre Feijóo e GB.

Moi próximos durante o bipartito, os conservadores comezaron a distanciarse das posturas do colectivo de Gloria Lago cando percibiron a magnitude da resposta popular a medidas como o "decreto do plurilingüismo", que a GB lle resulta insuficiente malia reducir as aulas en galego. Ante o medo de perder votos no rural e mobilizar aos votantes de esquerda, na actualidade os conservadores tentan apagar a polémica sobre a suposta imposición do idioma propio, polémica que axudaron a erguer amplificando as denuncias de GB e secundando as súas manifestacións.

O colectivo de Gloria Lago denunciará  na Xustiza que os pais só poden escoller a lingua de escolarización en Infantil, o que na súa opinión claramente incumple o prometido por Feijóo en precampaña e viola a Lei.  GB lémbralle a Feijóo que prometeu unha "casilla" no sobre de matrícula para que os pais poidesen escoller a lingua das materias troncais.

A asociación asegura que “isto afecta tanto a alumnos cuxa única lingua materna é o español, como a alumnos cuxa lingua materna é o galego, sobre todo nas cidades no caso destes últimos, que están inxustamente discriminados por estar en minoría”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

5 Pardo de Cela

Calquera día uns marroquinos tamén denuncian nos xulgados á Xunta por non respeitar os dereitos dos seus fillos a escolarizarse na língua materna, o árabe, entón os cosmopaletos e as descendentes de intoxicadores etílicos, tamén sairán na defensa dos pais musulmáns. :)). Éis a lóxica desta metílica.

1 Manolo

Se que tu cultura general es muy reducida. Por ello te disculpo y te informo de que en España el árabe no es lengua oficial, mientras que el castellano si lo es.

2 Porco Jones

O árabe non será oficial pero é tan proprio de Galiza coma o castelhano.....xDDDD

3 Rayleigh

Manolo!! No estarás limitando el derecho de los padres árabes para que se eduque a sus hijos en su lengua materna??? Eres un impositor!! Y oficial de donde? De un territorio? UY uy..que impositor eres jajajaja.

4 dsgg

COmo en Vigo la mayoría somos castellanohablantes, la unica lengua oficial debe ser el español, hay que desoficialziar el gallego, lengua extraña y extranjera en Vigo, que habla y reclama solo una minoria. O por lo menos, votarlo entre todos los vigueses.

5 dsgg

COmo en Vigo la mayoría somos castellanohablantes, la unica lengua oficial debe ser el español, hay que desoficialziar el gallego, lengua extraña y extranjera en Vigo, que habla y reclama solo una minoria. O por lo menos, votarlo entre todos los vigueses.

6 uio

Pero Manolo, isto non é España

7 Rayleigh

Yo soy vigués y castellanohablante. Y de desoficializar el gallego nada. Al contrario. Me parece poco gallego el que hay ante la imposición brutal del castellano.

4 xavi_IRL

Pois non Gloria non, porque durante 40 anos de dictadura franquista non poidemos elexir, sí amiga, por aquelas ate en Vigo máis do 50% eran galego falantes (das Neves, Tomiño etc..). Pero non os deixaron elexir, dábanlle cunha vara e rianse deles por falar galego e ser pailáns. "cada gallego será lo que quiera" non puidemos ser, i eramos maioría, non houbo debate. Por iso, agora para remendar ese tremendo dano debe haber unha discriminación positiva do galego. É o mínimo que se nos debe a nivel cultural. Xa por non poñerse a falar de cunetas, asesinatos, curas e guardia civil, ou gostas?

3 Dani

Mi más cordial enhorabuena a Galicia Bilingüe por esta iniciativa.

1 Saña

a mellor resposta e non facerlles caso

2 suevia

Danieliño(O Danielito mejor no?)Noraboa por esta inciativa só? non home, todos as iniciativas e comunicados de GB son "brilantes", non hai mais que ver a "brilante" resposta da señora presidenta de Galicia monolingue ao prestixioso Señor Blecua...jaja... con ese comunicado demostrou á xente( polo menos á xenta intelixente) que capacidade intelectual ten!

2 Manoliño

Distanciáronse non polas manifas, que se foran tan multitudinarias e non afectaran so a xente do bloque (xa sei que foi un fillo de Cuiña) xa as organizarían na Coruña ou en Vigo onde ademais de rúas tortuosas ou prazas maxestuosas, hai avenidas e prazas amplas, onde pode verse o que realmente hai. Distanciáronse digo, porque non é viable económicamente establecer en Galicia un sistema bilingue en todos os centros e localidades. Isto que teña que haber un profesor de matemáticas que fale en galego, e outro que fale castelán. Case que habería que duplicar o profesorado. Inviable. O problema na miña opinión é o diñeiro.

1 Alvaro Fontán

pero vamos ver Manoliño, ti en que mundo vives? Pensas ti que os pro-galego non che enchen Vigo da Doblada á porta do Sol cunha manifa? Mira só o que fan só os da CIG cando lle toca sair á rua na mesma cidade, homiño. A pergunta que te tes que facer é quen carallo vai sair á rua con GB en Galicia, xa non che digo en Vigo, en calquera lugar. estaría ben que fixeran algo e ficaran ben en evidencia, así nos botabamos unhas risas. O que hai é a sobrada capacidade de mobilización duns e a falta de capacidade de mobilización doutros.

2 anonimo

no digas paridas, no habria que duplicar nada, en las ciudades se elegiria español y en las aldeas, con el tiempo tambien que la gete no es tonta.

3 Rayleigh

Ah si, anónimo? Xa estades vendendo a pel do oso? E se queren árabe que facemos? Por certo miñaxoia, ya que presumes de hablar sólo un idioma, al menos, no le pegues tantas patadas. Localicé 8 faltas de ortografía en 2 líneas escasas.

1 Gamela

Non poder escoller idioma afecta ao alumnado cuxa lingua materna é o galego e que están inxustamente discriminados especialmente nas cidades onde son minoría... Olé...!

1 Eugenio Pombo

Por unha vez estou dacordo co Gamela.