Por Galicia Confidencial | O Poriño | 10/01/2011 | Actualizada ás 19:48
Nove anos despois dos presuntos feitos, hoxe comezou o xuízo contra o ex-alcalde do Porriño. José Manuel Barros (PP) enfróntase a unha petición de seis anos de cadea, seis de inhabilitación e medio millón de indemnización.
Unha funcionaria do Concello, que foi a súa secretaria, acúsao de atentado contra a integridade moral, lesións psíquicas, acoso laboral e sexual, ameazas e prevaricación. Barros nega as acusacións e argumenta que todo se debe a que a "tensión" produto de que a funcionaria chegaba tarde ao seu posto. "Chegaba máis tarde que min", dixo o político.
Pola súa banda, Isabel Penedo insiste en que houbo acoso sexual. "Dicíame que todo se podía arranxar con dúas horas de cama, que podía ter os mellores coches e casas e, mesmo, podía ser a secretaria de Fraga" declarou no xuízo, no que cualificou de "calvario" a súa situación.
Un dos motivos dos sete anos antes do xuízo é que o sumario desapareceu dos xulgados do Porriño. A Xustiza tivo que recurrir ás fotocopias da demandante para poder seguir co caso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.