"Con 2 horas de cama, mesmo chegas a secretaria de Fraga"

Un sumario que desaparece e un alcalde que presuntamente acosa a súa secretaria ofrecéndolle postos na Xunta. Estes son algúns dos ingredientes do xuízo por acoso sexual que comezou este luns no Porriño.

Por Galicia Confidencial | O Poriño | 10/01/2011 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Nove anos despois dos presuntos feitos, hoxe comezou o xuízo contra o ex-alcalde do Porriño. José Manuel Barros (PP) enfróntase a unha petición de seis anos de cadea, seis de inhabilitación e medio millón de indemnización.

None

Unha funcionaria do Concello, que foi a súa secretaria, acúsao de atentado contra a integridade moral, lesións psíquicas, acoso laboral e sexual, ameazas e prevaricación. Barros nega as acusacións e argumenta que todo se debe a que a "tensión" produto de que a funcionaria chegaba tarde ao seu posto. "Chegaba máis tarde que min", dixo o político.

Pola súa banda, Isabel Penedo insiste en que houbo acoso sexual. "Dicíame que todo se podía arranxar con dúas horas de cama, que podía ter os mellores coches e casas e, mesmo, podía ser a secretaria de Fraga" declarou no xuízo, no que cualificou de "calvario" a súa situación.

Un dos motivos dos sete anos antes do xuízo é que o sumario desapareceu dos xulgados do Porriño. A Xustiza tivo que recurrir ás fotocopias da demandante para poder seguir co caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 compostelan

Coido que duas horas na cama con tamaño semental valdrán mais que unha secretaría ou un chalete en Sangengo. Pareceme un pouco cutre por parte de este digno representante do PPartido dos Machoibéricos. Espero que algún xuiz mais que amigo o manteña alonxado da cadea pois alo podería sufrir moito a sua integridade anal. ¿E logo de nove anos non PPrescibiría, como o caso Fabra?

9 Manuel P.

Este máis que duas horas de cama ben precisaría duas camas de horas....Non hai problema, representa moi ben á fauna pepeira

8 un calquera

O acoso sexual é algo frecuente no PP, entra dentro do seu concepto de igualdade e promoción da muller. De feito as mulleres "promocionadas" soen ser uns cañóns, mulleres "de moito futuro" dentro do partido. Tómense a frase do xeito que queiran. Lembramos ó alcalde de Toques e a rapaciña de 15 anos que se foi do pobo?, que dicir de Moncho es mucho de Sada, cunha concelleira que se botou do partido ante o apoio que lle daba a moncho o partido?. Por certo que daquela en minoría o BNG e PSOE desestimaron unha moción de censura que ofrecía a agraviada. Non fixo o mesmo Moncho na lexislatura seguinte cando pudo cun tránsfuga recuperar a alcaldía unha lexislatura máis. En fin, é o Partido Podre. Podedes dicir as verdades que queirades sobre o PP, pero só sairán aquí, na prensa galega por suposto nunca o veredes, os nosos cartos nos costa ese silencio. Bendita internet.

1 outro calquera

Oes, pois moi ben por BNG e PSOE se é certo o que dis, que desestimaron unha moción de censura cunha tránsfuga agraviada.

7 un calquera

Manoliños e Manolos, que pasa que non vindes a apoiar a un home de peso no partido?.

6 Pregunta

Ao Porriño non volveron gobernar cunha moción de censura contra a forza máis votada, BNG, os compañeiros de partido deste?

1 un calquera

Efectivamente, actualmente gobernan uns independentes, cuarta forza política do concello, co apoio do PP en contra da forza máis votada, o BNG. O PP só apoia que goberne a forza máis votada cando ésta é o propio PP, no resto dos casos apoia defacto a democrática opción do pacto. Léase O porriño, Ponteareas, Folgoso do Courel, ou as comunidades autónomas de Canarias, ou o Pais Basco.