"Con 2 horas de cama, mesmo chegas a secretaria de Fraga"

Un sumario que desaparece e un alcalde que presuntamente acosa a súa secretaria ofrecéndolle postos na Xunta. Estes son algúns dos ingredientes do xuízo por acoso sexual que comezou este luns no Porriño.

Por Galicia Confidencial | O Poriño | 10/01/2011 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Nove anos despois dos presuntos feitos, hoxe comezou o xuízo contra o ex-alcalde do Porriño. José Manuel Barros (PP) enfróntase a unha petición de seis anos de cadea, seis de inhabilitación e medio millón de indemnización.

None

Unha funcionaria do Concello, que foi a súa secretaria, acúsao de atentado contra a integridade moral, lesións psíquicas, acoso laboral e sexual, ameazas e prevaricación. Barros nega as acusacións e argumenta que todo se debe a que a "tensión" produto de que a funcionaria chegaba tarde ao seu posto. "Chegaba máis tarde que min", dixo o político.

Pola súa banda, Isabel Penedo insiste en que houbo acoso sexual. "Dicíame que todo se podía arranxar con dúas horas de cama, que podía ter os mellores coches e casas e, mesmo, podía ser a secretaria de Fraga" declarou no xuízo, no que cualificou de "calvario" a súa situación.

Un dos motivos dos sete anos antes do xuízo é que o sumario desapareceu dos xulgados do Porriño. A Xustiza tivo que recurrir ás fotocopias da demandante para poder seguir co caso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Porco Jones

Xa me lembro deste tipo, ¿non era iste o que mandaba toneladas de callos con garbanzos aos famentos de África para promocionar a Festa dos Callos do Porrinho?....

1 Rayleigh

Si..e o mesmo. Aparte de que os callos veñen do porco, e os ía mandar a países na súa maioría musulmáns. E tamén é o señor que propuso que unha pérgola, obra do arquitecto Antonio Palacios se mandara a MAdrid e os madrileños nos mandaran unha copia. Madrid quédase co orixinal e os galleguiños coa copia. Por suposto, tivo que desistir por que ata os seus compañeiros non tragaban con esta paletada. Unha xoia de alcalde. E logo pregúntábase o homiño por que o BNG tiña cada vez máis votos...

2 Porco Jones

Iso tivo que ser a ostia! os pobres etiopes deberon flipar cando viron o que lhes chegaba....por outra banda, un tipo desnutrido, a 40 graos ou maís, coido que pouco afeito ao pemento picante mete un prato de calhos e morre...ou, cando menos, apanha uma doenza dixestiva de escándalo...hahahaha

3 Rayleigh

Non chegou a mandalo. E que non quero pensar o que pasaría cando descubriran os musulmáns que o que lles están mandando é porco. Parece que que había que explicarllelo todo por que ese facíanlle o timo da estampilla e tragaba todo. E sen billete de gancho.

4 luis

carquera come semellante porco, con mais de 150 kilos en canla ,ainda que este seguro que a ten pequena

3 aversiespavilamoskajundios

kajundios isto prescribe ,vaia tropa

2 Mastro

EStes son os políticos do PP. si foran doutra forza política xa veríamos como aparecían día si e día tamén na Coz de Galicia, pero un manto escuro cubre todo o que fai o PP nese medio. Só nos falta Manolita Che a defender aos seus e a dicir que rouban millor ca ninguén. Noxo de xente, pero non pasa nada. Sairá impune que para iso está o TSXG para autentificar que homes como este son o máis exemplar do noso país, mentras aos contrarios teñen que demostrar que son máis puros que Santa Teresiña de Calcuta.

1 Amigo de Carrumeiro

Será que aos contrarios tamén se lles foi a man en máis de unha ocasión, e aínda non vimos que asumiran responsabilidades. E non esquezas que La Voz está ahí grazas a colaboración necesaria do BNG.

2 pejigo

curioso impaís: a uns xúlgaselles en función do que fan os outros, e aos outros xúlgaselles en función do que fan aqueloutros. chascarraschás, marica non chores

3 Remexendo

O que aínda non vimos é nin sequera ningunha denuncia sobre "máis de unha ocasión", pero ti difama que algo queda.

4 Porco Jones

Sí, ise é o xogo desta xente, meten a man na caixa e, cando os cachan, o único que dín é aquelo de "y tu más".....país!

1 Valerí

Que o xulguen e que pague ben pagado se é culpable. A súa condición de rexedor municipal non o blinda contra o delito, senón que debe acentuar a condena.